Amaro o Peregrino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 7:
Sexa como for, arredor da figura do Amaro histórico aglutínanse toda unha sorte de tradicións pagás cristianizadas presentes en Galicia e [[Principado de Asturias|Asturias]], relacionadas cos ''[[immram]]a'' (viaxes ás illas paradisíacas do Occidente) irlandeses, e que ligan a historia deste santo coa de abades doutros países do [[Europa atlántica|Arco Atlántico]] como San [[Brandán]], así como con mitos pagáns dos que as viaxes de [[Máel Dúin]] e [[Bran mac Febal]] constitúen bos exemplos.
 
Santo Amaro é hoxe venerado en multitude de ermidas galegas, especialmente no concello ourensán de [[San Amaro]], que o celebra o 15 de xullo. Tamén se venera na pequena aldea do concello de [[Castrillón, Asturias|Castrillón]] en Asturias, que leva o seu nome. En Portugal venérase en [[Coímbra]] e [[Viseu, Portugal|Viseu]] onde se lle ofrecen piñas, noces e figos secos; e tamén na parroquia de [[Ponta Delgada, Santa Cruz das Flores|Ponta Delgada]] e en [[Beja]].
 
Un dito popular di: ''Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado''<ref>Santo Amaro venérase o 15 de xaneiro</ref>, significando que é o momento de deixar de xogar cos peóns ou [[buxaina]]s.