Amaro o Peregrino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Biografía}}
{{Outros homónimos|Amaro (homónimos)}}
'''Amaro''' (coñecido coma Santo Amaro) foi un [[abade]] e [[navegante]] que segundo a tradición realizou unha atarefada viaxe polo mar até o [[Paraísos celtas|Paraíso Terrealterreal]], na que, atravesando o Océano, protagonizou cos seus compañeiros innumerábeis aventuras. É moi loado en [[Galicia]], onde se venera o 15 de xaneiro. É patrón dos eivados.
 
Existen dous personaxes históricos que puideron servir de base para o mito: Unun deles foi un penitente francés, Amaro, que no [[século XIII]] peregrinou a [[Santiago de Compostela]] e que á súa volta se estableceu en [[Burgos]], dedicando dende aquela os seus coidados aos doentes pobres e aos peregrinos no [[Hospital del Rey]] (fundado contra o ano [[1195]] por [[Afonso VIII de Castela|Afonso VIII]]). O outro candidato é [[Mauro de Anjou]], discípulo de San [[Bieito de Nursia]], e que fundou o primeiro mosteiro bieito da historia de Francia.
 
Sexa como for, arredor da figura do Amaro histórico aglutínanse toda unha sorte de tradicións pagás cristianizadas presentes en Galicia e [[Principado de Asturias|Asturias]], relacionadas cos ''[[immram]]a'' (viaxes ás illas paradisíacas do Occidente) irlandeses, e que ligan a historia deste santo coa de abades doutros países do [[Europa atlántica|Arco Atlántico]] como San [[Brandán]], así como con mitos pagáns dos que as viaxes de [[Máel Dúin]] e [[Bran mac Febal]] constitúen bos exemplos.
 
Aínda Santo Amaro é hoxe venerado en multitude de ermidas galegas, especialmente no concello ourensán de [[San Amaro]]. Tamén na pequena aldea do concello de [[Castrillón, Asturias|Castrillón]] en Asturias, que leva o seu nome. En Portugal venérase en [[Coímbra]] e [[Viseu, Portugal|Viseu]] onde se lle ofrecen piñas, noces e figos secos; e tamén na parroquia de [[Ponta Delgada, Santa Cruz das Flores|Ponta Delgada]] e en [[Beja]].
 
OUn dito popular di: ''Polo santo Amaro andan os trompos polo tellado''<ref>Santo Amaro venérase o 15 de xaneiro</ref>, significando que é o momento de deixar de xogar cos peóns ou [[buxaina]]s.
 
== O periplo de Santo Amaro ==
 
Segundo relatan as crónicas, Santo Amaro era un nobre pío de Asia que vivía obsesionado coa idea de visitar o [[ParaísosParaíso celtas|Paraísoterreal]] Terreal. Con esta fin, preguntaba a todos os seus hóspedes sobre a maneira máis axeitada de chegar a el. Ao non recibir unha resposta satisfactoria abandonouse á desesperación e ao pranto, até que unha noite Deus se lle apareceu e reveloulle como acadar o seu obxectivo: Construíndo unha barca e seguindo con ela o camiñar do Sol a través do Océano.
 
Téndose lanzado ao mar, navegou durante sete días e sete noites até chegar á Terra Deserta. Era esta un país ubérrimo que contaba con cinco cidades habitadas por homes xotos e horríbeis e mulleres moi fermosas. Logo de ter pasado seis meses nesta terra unha voz exhortouno en soños a desleixar esta terra maldita por Deus.