Julius Erving: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 67:
Dende o seu retiro, Julius Erving tivo moitos éxitos nos cales inclúen por exemplo o ser dono dunha planta de embotellamento de [[Coca-Cola]], ademais das estacións de televisión por cable en [[Nova York]] e [[Nova Jersey]]. Despois de traballar como un analista de estudo para a [[NBC]], Erving uniuse ao staff de oficina de [[Orlando Magic]], como vicepresidente de RDV Sports e vicepresidente executivo dos Magic o [[4 de xuño]] de [[1997]].
 
Xunto co ex- xogador da [[NFL]] Joe Washington, presentaron un equipo da [[NASCAR]] Busch Grand National Series a finais dos [[1990|90]], converténdose no primeiro equipo da NASCAR en ser posuído completamente por minorías. O equipo tiña asegurado o patrocinio de Dr Pepper para a maioría da súa existencia. Erving, un fan das carreiras, declarou que a súa incursión na NASCAR era unha tentativa de levantar o interese nas carreiras entre os [[afroamericano]]s.
 
Erving tamén formou parte do Consello de Administración de [[Converse]] (previo á quebra de [[2001]]), Darden Restaurants, Inc., Saks Incorporated e The Sports Authority. Erving foi elixido na décima posición na lista dos 75 mellores xogadores da historia da NBA elaborada pola revista SLAM en [[2003]]. Ademais, é o pai da xogadora de [[tenis]] Alexandra Stevenson, nacida da súa relación con Samantha Stevenson en [[1980]], cando Samantha traballaba en [[Filadelfia]] como xornalista deportivo e Julius xogaba nos 76ers.