Estado falido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
A controversia deriva das implicacións políticas e militares de etiquetar un país como "falido". As decisións e as leis do seu goberno poden non tomarse en conta, e nalgúns casos a acción violenta pódena emprender dentro das fronteiras do "estado falido" axentes doutros países; tal acción ten naturalmente unha legalidade altamente dubidosa.
 
En anos recentes varios analistas políticos cualificaron moitos países como estados falidosinfrutuosos, incluíndo [[Afganistán]], [[Haití]], [[Somalia]], [[Iemen]], [[Timor Leste]] ou as [[Illas Salomón]].
 
O termo tamén se utiliza no senso dun estado que se fixo ineficaz (é dicir, ten control nominal militar e policial sobre o territorio, pero só no que respecta a que non existen grupos armados desafiando directamente a autoridade do estado; en resumo: a visión: "que non haxa noticias, é unha boa noticia"); porén non pode facer cumprir as leis uniformemente debido ás altas taxas de criminalidade, corrupción extrema, extenso mercado informal, [[burocracia]] impenetrable, ineficacia xudicial, interferencia militar na política... Tamén estarían neste grupo as situacións culturais onde os líderes tradicionais gastan máis enerxía có estado sobre certas áreas de goberno aínda que non compitan co estado. [[Camerún]], [[Liberia]], [[Nixeria]] e [[Papúa Nova Guinea]] menciónanse a miúdo nesta categoría.
Liña 16:
 
==A listaxe de Foreign Policy==
A revista estadounidense [[Foreign Policy]] publica todos os anos unha listaxe de estados falidosinfrutuosos onde se ordenan aqueles estados ''máis falidos'' conforme unha ducia de factores. Estes son: as presións [[demografía|demográficas]], os movementos masivos de [[refuxiado]]s e a cantidade de [[desprazado]]s internos, as reivindicacións de grupos vingativos, as bandas crónicas e organizadas, desiguais niveis de desenvolvemento entre grupos, crises económicas fondas e/ou agudas, criminalización e deslexitimación do estado, deterioración progresiva dos servizos públicos, violación xeneralizada dos [[dereitos humanos]], o funcionamento do aparato de seguridade como un estado dentro do estado, o crecemento de elites de tipo facción, e a intervención doutros estados ou doutros axentes externos.
 
Estes son os dez primeiros estados da lista de [[2006]] de Foreign Policy: