Método da raia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
 
Liña 4:
A cor aparente pode variar moito debido ás impurezas ou a que a estrutura macroscópica do [[cristal]] está deturpada. Unha pouca cantidade de impurezas que absorban unha determinada [[lonxitude de onda]] poden modificar drasticamente as lonxitudes de onda [[reflexión|reflectidas]] polo espécime, e así modificar a cor aparente. Con todo, cando o espécime se esborrexe para producir a raia rómpese en cristais orientados aleatoriamente, polo que as impurezas pequenas non afectan grandemente á absorción da luz.
 
A superficie ó longo da que se raia o mineral chámase ''placa de raiado'', e fabrícase normalmente de azulexo de porcelana non tratada. En ausencia desta placa de raiado, a base non vidrada dun pote ou recipiente de porcelana ou o dorso dun azulexo brillante pode valer. Ás veces, unha raia descríbese máis facilfácil e axustadamente cando se compara coa raia doutra placa.
 
Debido a que o ronsel deixado procede do mineral pulverizado, a raia pode facerse só con minerais que sexan menos [[dureza|duros]] cá placa, que ten arredor de 7 na [[escala de Mohs]]. No caso de materiais máis duros, a cor do po pode determinarse triturando unha mostra cun martelo, que logo se freta contra a placa. A maioría dos minerais máis duros presentan unha raia branca bastante pouco útil.