Estivación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 9:
Este fenómeno é máis frecuente en especies animais [[tropical|tropicais]], mais non é exclusivo e pode producirse tamén en especies de zonas temperadas. É parte do ciclo biolóxico de moitas delas, e pode ser incluso necesario para o correcto desenvolvemento [[Embrión|embrionario]] ou [[Gónada|gonadal]], como ocorre nalgunhas [[Acanthochelys macrocephala|tartarugas]] de América do Sur.<ref>Rhodin (2009)</ref>
 
Durante a estivación, os animais xeralmente se enterran en toqueiras de barro húmido co que se rodean formando un casulo ou vaíña que os protexe da deshidratación e das altas temperaturas. Ao enterrárense desta maneira crean microambientes moi diferentes do exterior, chegando a non ter variacións diarias de temperatura.<ref name = MillerPinder>Miller (2007), tomado de Pinder ''et al.'' (1992)</ref> Exemplos de animais que se enterran pódense encontrar entre os [[Dipnoi|peixes pulmonados]], anfibios e réptiles.<ref name = Allaby/> Entre estes últimos un exemplo moi claro de estivación dáse nos [[crocodilo]]s e [[caimán]]s, cando nas épocas de seca e escasezescaseza de alimentos entérranse no barro e ralentizan o seu metabolismo, ralentizan a frecuencia cardíaca e baixan a súa temperatura corporal. Outros animais buscan refuxio entre a vexetación, como os caracois, ou en ocos ou goridas de diferentes clases, como anfibios, réptiles e incluso mamíferos.<ref>Whiters (1997)</ref><ref>Dausman (2004)</ref>
 
Aínda que os períodos de estivación adoitan ser dalgúns meses ao ano, coñécense casos de [[Anura|anuros]] que permanecen neste letargo ata 5 anos, aínda que a maioría da poboación morre durante o proceso.<ref name = MillerPinder/>