Ivan Klasnić: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 62:
 
== Traxectoria ==
Klasnić naceu en [[Hamburgo]] (daquela en [[Alemaña do Oeste]], nunha familia con membros de orixe [[Bosnia e Hercegovina|bosnia]] e [[Croacia|croata]]. Comeza a súa carreira profesional na escadraescuadra local [[FC St. Pauli|St. Pauli]], coa que xogou tres tempadas e media destacando coma dianteiro. Despois de axudar ó St. Pauli a ascender á primeira división no ano [[2001]] marcha para o [[Werder Bremen]] no verán dese ano. As dúas primeira tempadas no club no foron de bo proveito debido sobre todo a dúas fortes lesións no xeonllo, mais na 2003-04 revelouse coma un dos xogadores clave do éxito do Werder. Ese ano gañaron tanto a [[Fußball-Bundesliga|Bundesliga]] como a [[Copa de Alemaña]], e Klasnić anotou 11 goles e deu 13 pases de gol nos encontros de liga.
 
Na 2004–05 anotou 5 goles na [[Liga de Campións da UEFA|Liga de Campións]], facendo un [[triplete]] contra o [[RSC Anderlecht]], mais en oitavos de final o Werder caería co [[Olympique Lyonnais]] por un total de 10-2 na eliminatoria.
Liña 79:
Foi escollido para disputar a [[Eurocopa de Fútbol 2004]] que se celebrou en [[Portugal]], mais o adestrador non lle concedeu nin un só minuto. Croacia non pasaría da primeira fase, e as críticas arreciaron sobre o seleccionador por deixar apartado a Klasnić.
 
Despois desta competición, e coa entrada de [[Zlatko Kranjcar]] na dirección da escadraescuadra nacional, por fin fíxose cun posto no once inicial nas clasificatorias para o [[Mundial de Fútbol Alemaña 2006|Mundial de 2006]]. A pesar de ter un rendemento aceptable criticouse moito por parte dos medios de comunicación o feito de que parece render moito máis xogando para o Werder que coa selección. Estas críticas seguen a día de hoxe.
 
Xa no mundial, non logra anotar gol algún, e Croacia cae na primeira rolda tras dous empates e unha derrota. Na actualidade, aínda que segue sendo convocado, parece que perdeu a súa praza de titular nos últimos encontros de clasificación para a [[Eurocopa de Fútbol 2008]].