Abelardo Moralejo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta14)
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo gralla
Liña 8:
Estudou o bacharelato en [[Zamora]], e ingresou logo na [[Universidade de Salamanca]], onde iniciou estudos na facultade de [[Filosofía e Letras]], onde tivo como profesor a [[Miguel de Unamuno]] e onde obtivo a licenciatura en [[1921]]. Pasou entón á [[Universidade Central de Madrid]] para realizar o doutoramento, á vez que ampliaba estudos e colaboraba con o [[Centro de Estudios Históricos]] que dirixía [[Ramón Menéndez Pidal]]. Durante certo tempo foi incorporado ao exército e serviu durante o período da [[Guerra do Rif|Guerra de Marrocos]]. En [[1926]] presentou a tese doutoral, dirixida polo profesor e académico Julio Cejador, que versaba sobre as oclusivas sonoras aspiradas do latín. Nese mesmo ano opositou a cátedras universitarias de [[lingua latina|latín]], e obtivo a correspondente á [[Universidade de Santiago de Compostela]], da que tomou posesión a comezos de [[1927]].
 
Abelardo Moralejo estivo durante o resto da súa vida laboral a cargo desa cátedra. A súa condición de profesor numerario residente, en anos en que era corrente usar o posto en Santiago como trampolín para optar a outros destinos, fixo que estivese case sempre en cargos, como decano ou secretario da facultade de Filosofía e Letras, ou ben noutros cargos directivos da universidade. Outras carencias, como a de profesorado especializado, levárono a impartir clases de materias que estaban nos programas de estudiosestudos, pero que non eran da súa especialidade, aínda que as coñecese ben, como podía ser [[lingua árabe]].
 
Moralejo Laso xubilouse no ano [[1968]], aínda que, precisamente, publicou a partir dese momento con maior frecuencia. O campo de investigación de Abelardo Moralejo era a [[lingüística]], mais dentro dela os seus estudos ramifícanse, grosso modo, entre a lingüística clásica e a romance, e dentro desta cómpre destacar o desenvolvemento do estudo da investigación da [[toponimia]] galega e leonesa. Pero os seus traballos poden espallarse a outros campos: indoeuropeo, literatura, o mundo xacobeo, traducións etc. Foi pai dunha esplendorosa pléiade de profesores e investigadores universitarios en diversos campos: os filólogos [[José Luis Moralejo|José Luís]] e [[Juan José Moralejo|Juan José]] e o historiador da arte [[Serafín Moralejo|Serafín]], todos apelidados Moralejo Álvarez.