Paulo IV, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 11:
}}
[[Ficheiro:Pope Paul IV.jpg|200px|miniatura|Papa Paulo IV]]
'''Gian Pietro Carafa''', (nado en [[Carpiglia Irpina]] o [[28 de xuño]] de [[1476]] e falecido en [[Roma]] o [[18 de agosto]] de [[1559]]), foi [[Papa]] da [[Igrexa católica]] entre [[1555]] e 1559 co nome de '''Paulo IV'''.
==Traxectoria==
 
Era membro dunha ilustre e influente familia [[Nápoles|napolitana]], o que lle permitiu iniciar desde moi novo a súa carreira eclesiástica, na que sucedeu ó seu tío [[Oliverio Carafa]] como bispo de [[Chieti]] en 1504, para posteriormente ser designado arcebispo de [[Brindisi]] en 1518, destacando nestes cargos a súa actuación como embaixador do papa [[León X, papa|León X]] ante as cortes de [[España]] e [[Inglaterra]].
Liña 47 ⟶ 48:
Asimilada a dura lección, Paulo IV apartouse dos asuntos políticos e desistiu de continuar anteriores accións bélicas, movido ademais polo feito de que, o 3 de abril de 1559, se firmaba a [[paz de Cateau-Cambrésis]] entre Filipe II e Henrique II, co que se daban por concluídas as guerras italianas entre os respectivos países. Con todo, tanto o retirado emperador Carlos, como o seu fillo Filipe, foron obxecto de senllos anatemas papais ó seren excomungados por Paulo IV.
 
=== Morte ===
Uns meses despois, o 18 de agosto, morreu o papa. Os propios cidadáns de Roma que celebraran o seu nomeamento erixindo na súa honra unha estatua nun lugar descolado da cidade, tralo seu borrascoso mandato a derribaron e mutilaron, e, non conformes con este acto de simbólico repudio, incendiaron o pazo da Inquisición, saquearon o convento dos dominicos e puxeron en liberdade ós reos inquisitoriais. O papa Caraffa non foi unha figura popular.