Salto con pértega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.7
Liña 7:
 
== Historia ==
As varas eran equipamentos empregados como medios prácticos para atravesar obstáculos naturais como terreos pantanosos no [[Europa do norte|noroeste de Europa]], en provincias como [[Frisia, Países Baixos|Frisia]], nos [[Países Baixos]], ao longo do [[mar do Norte]], e en rexións pantanosas do leste de [[Inglaterra]] arredor de [[Cambridgeshire]], [[Lincolnshire]] e [[Norfolk, Inglaterra|Norfolk]]. [[Drenaxe|Drenaxes]] artificiais nestes lugares crearon unha rede de canles e coletores abertos que se cruzaban uns cos outros. Para cruzar eses lugares sen se mollar e evitar tediosos e longos rodeos polas pontes, mantíñase unha pila de longas e finas varas de salto en cada casa e empregábase para saltar sobre as pequenas canles. Realizábanse competicións de salto en distancia, e non aínda de altura, con estas varas anualmente nas terras baixas ao longo do mar do Norte chamadas ''Fierljeppen''.<ref>{{Cita web|url=http://www.pbholland.com/info.php?context=alle&lang=en|título=Fierljeppen|data-acceso=2015-09-10|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20121002031515/http://www.pbholland.com/info.php?context=alle&lang=en|dataarquivo=2012-10-02 de outubro de 2012|urlmorta=yes}}</ref>
[[Ficheiro:Fierljeppen_de_natsprong.jpg|dereita|miniatura|210x210px|''Fierljeppen'' sobre a auga nos [[Países Baixos]].]]
Unha das primeiras competicións de salto con pértega onde se mediu a altura aconteceu no ''Ulverston Football and Cricket Club'', en [[Lancashire]], Inglaterra, en 1843.<ref name="independent">{{Cita web|url=http://www.independent.co.uk/sport/general/athletics/kate-dennison-it-helps-being-a-little-bit-crazy-1704055.html|título=Kate Dennison: 'It helps being a little bit crazy'|data-acceso=10 de setembro de 2015}}</ref> A competición moderna comezou arredor de 1850 en [[Alemaña]], cando o salto con pértega se engadiu como modalidade para a práctica de exercicios en clubs de ximnasia. Tamén na Inglaterra nesta época había competicións co uso de varas de cinza sólida ou de nogueira con puntas de [[ferro]] ao final delas.<ref name="iaafpole">{{Cita web|url=http://www.iaaf.org/disciplines/jumps/pole-vault|título=pole vault|data-acceso=10 de setembro de 2015}}</ref> A técnica moderna de salto desenvolveuse nos Estados Unidos a finais do século XIX. Inicialmente as pértegas se facían de material ríxido como o [[bambú]] (rexistrado por primeira vez en 1857) ou o [[aluminio]], mais coa introdución a partir do inicio da década de 1950 de pértegas feitas de ''[[fiberglass]]'' e [[fibra de carbono]], os saltadores comezaron a atinxir alturas máis elevadas antes inalcanzábeis.<ref>{{Cita web|url=https://news.google.com/newspapers?nid=1356&dat=19620207&id=CWxPAAAAIBAJ&sjid=MwUEAAAAIBAJ&pg=4887,840268&hl=pt-BR|título=Man who broke 15-feet defenda fiberglass pole|data-acceso=10 de setembro de 2015}}</ref> En 1985, o ucraíno [[Serhii Bubka]], entón competidor pola [[Unión Soviética]], foi o primeiro humano que superou os seis metros.<ref>{{Cita web|url=http://www.nytimes.com/1991/03/16/sports/soviet-pole-vaulter-soars-over-20-foot-mark.html|título=Soviet Pole-Vaulter Soars Over 20-Foot Mark|nome=Frank|apelidos=Litsky|data-acceso=10 de setembro de 2015}}</ref>