Ponte Don Luís I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: interlink
m →‎Historia: interlink
Liña 16:
Oficialmente designada "Ponte Luiz I", construída de acordo co proxecto do Enxeñeiro Teófilo Seyrig, que xa colaborara con [[Eiffel]] na Ponte de Dona María, foi inaugurada o [[31 de outubro]] de [[1886]]<ref name="STRUCTURAE"/> polo propio [[Luís I de Portugal]].
 
A Ponte de Don Luís, que veu substituír a Ponte Pénsil, está constituída por un arco de ferro e cinco piares e ten a particularidade de ter dous taboleiros metálicos con cinco [[metro]]s de largura cada un. O taboleiro superior ten de longo 391 metros e o inferior 174. A ponte é unha auténtica filigrana de ferro e, xuntamente coa [[Torre dos Clérigos]], é un dos símbolos do Porto.
 
A Ponte de Don Luís permitiu unha ligazón viaria desafogada entre as zonas baixa e alta de Vila Nova de Gaia e do Porto e, dunha forma máis xeral, entre o [[norte]] e o [[sur]] do país, durante largas décadas. A partir da segunda metade do [[século XX]], no entanto, comezou a revelarse insuficiente para asegurar o transito automóbil entre as dúas marxes.