O Porriño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Ogaiago (conversa | contribucións)
Stoni (conversa | contribucións)
Liña 281:
Na actualidade, o [[granito]] extraído das canteiras deste municipio, coñecido como "rosa porriño", é transportado a mercados internacionais dende o [[Porto de Vigo]]. Nos últimos anos aumentou notablemente a capacidade transformadora da industria graniteira, que agora incluso importa materias primas doutros países para a súa elaboración.
 
O municipio conta ademais con dous parques industriais, As Gándaras e A Granxa, e un tecido empresarial bastante diversificado, no que destacan as industrias químico-farmacéutica ([[CZ VeterinariaZendal]]), da automoción, alimentación e loxística. No Porriño teñen a súa sede dous dos centros tecnolóxicos punteiros de Galicia: o CTAG (Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia) e Aimen (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste).
 
Esta puxanza industrial sitúano como o terceiro concello con máis capacidade industrial da provincia de Pontevedra{{Cómpre referencia}}, o primeiro en relación coa súa poboación. A pesar disto, mantén unha taxa de desemprego lixeiramente superior á media galega{{Cómpre referencia}}.