Kepler (telescopio): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 50:
== Logros ==
[[Ficheiro:376599main Borucki-GroundKepler-Final-Pg1 spanish.jpg|miniatura|dereita|260px|Flutuación producida sobre unha estrela polo transito dun planeta.]]
O primeiro éxito da sonda espacial Kepler consisteu na obtención de detalles sobre a atmosfera dun planeta análogo a [[Xúpiter]] pero máis próximo a súa estrela e por tanto máis quente. Estamos a falar do planeta denominado HAT-P-7b, que orbita arredor da estrela HAT-P-7, na constelación do Cisne, a mil anos luz de distancia e que ten unha temperatura de aproximadamente 2.377 [[º°C]]. O planeta HAT-P-7b xa se coñecía previamente antes de que o telescopio Kepler pousara a súa lente nel, porén as medicións feitas polo sonda revelaron pequenas variacións na súa luz causada polas fases cambiantes do exoplaneta, parecidas as da [[Lúa]]. A pesar de que se trata da medición máis precisa obtida xamais para esta estrela, Kepler será aínda máis preciso despois de que remate o desenvolvemento do software para a análise de datos da misión.
 
O 4 de febreiro de 2010 os científicos que controlan Kepler anunciaron que descubriran 5 novos planetas extrasolares; catro do tipo [[Xúpiter quente]] e un do tamaño aproximado de [[Neptuno]] (do tipo [[planetas Neptuno]]). Debido ó sistema de detección empregado, que require de sucesivos tránsitos, será necesario agardar á finalización da misión para obter descubrimentos relevantes. Malia todo, un equipo que traballa con Kepler anunciou xa cen candidatos potenciais á espera de ser verificados<ref name="finds first extrasolar planets">ScienceNews (4 de xaneiro de 2010) [https://www.sciencenews.org/article/kepler-space-telescope-finds-its-first-extrasolar-planets "Kepler space telescope finds its first extrasolar planets"]. Consultado o 30 de abril de 2014, en inglés.</ref>. Esta cifra incrementouse ata os 706 en xuño de 2010, dos cales 400 son candidatos prometedores. Nunha conferencia celebrada ese mesmo mes, Dimitar Sasselov, investigador do proxecto, anunciou que polo menos 60 dos exoplanetas detectados ata o momento terían un tamaño similar ó terrestre (o dobre de tamaño ou menos)<ref name="Galaxy Rich in Earths">Richard A. Kerr (6 de xullo de 2010) [http://news.sciencemag.org/2010/07/data-leak-galaxy-rich-earth-planets "Data Leak: Galaxy Rich in Earth-Like Planets"]. Consultado o 30 de abril de 2014, en inglés.</ref>.