Boimorto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 62:
 
=== Clima ===
O concello de Boimorto atópase dentro do dominio oceánico húmido, aínda que nos seus réximes térmicos presenta trazos típicos do interior. A influencia do mar vese alterada polo relevo, particularmente pola superficie de aplanamento na que se circunscribe o municipio, tirando polo alto dos 400&nbsp;m de altitude. As temperaturas posúen leves matices continentais, sobre todo nos valores invernais (6,7&nbsp;º°C en xaneiro), sendo as medias estivais relativamente baixas (xullo 18,1&nbsp;º°C).<ref name="pxom">{{Cita libro|título=«Modificación Puntual nº 3 del Plan General de Ordenación Municipal de Boimorto (A Coruña)»|apelidos=|nome=|editorial=|ano=|ISBN=|ref=}}</ref>
 
A temperatura media anual (12&nbsp;º°C) descende uns dous graos respecto á da costa, e a oscilación térmica sitúase en 11&nbsp;º°C. O risco de xeadas nocturnas é moi frecuente ata ben entrada a primavera.<ref name="pxom"/>
 
As precipitacións son elevadas grazas á favorable exposición tanto ao vento do noroeste e norte como aos fluxos do sueste e oeste. O ritmo anual das choivas é sinxelo, cun máximo en inverno (36&nbsp;% das precipitacións) e un verán seco (11&nbsp;%), as estacións intermedias presentan unha pluviosidade similar (24% en primavera e 23&nbsp;% en outono). É moi frecuente o ceo cuberto e as xornadas con precipitacións.<ref name="pxom"/>