Antártida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 158:
A Antártida é o continente máis frío e seco da Terra, un gran [[deserto nival]]. A precipitación media anual está entre os 30 e os 70 [[Milímetro|mm]].<ref name="izaguirre" /> As frontes de nubes rara vez penetran no interior do continente, facendo do centro unha rexión fría e seca. As fortes nevaradas son frecuentes na parte costeira do continente, onde se teñen rexistrado nevaradas de 1,22 metros en 48 horas.
 
A [[temperatura]] media do continente é de -17 [[grao Celsius|º°C]], e a máis baixa rexistrouse na estación rusa de Vostok o [[21 de xullo]] de [[1983]], con -89,2&nbsp;°C, sendo ademais a temperatura máis baixa rexistrada na superficie terrestre.<ref name="ecoworldly coldest">{{cita web |url=http://ecoworldly.com/2008/12/14/the-coldest-inhabited-places-on-earth/ |título=The Coldest Inhabited Places on Earth |publisher=Eco Worldly |data=14-12-2008 |autor=Gavin Hudson |accessdate=19-06-2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20081218000756/http://ecoworldly.com/2008/12/14/the-coldest-inhabited-places-on-earth/ |dataarquivo=18-12-2008 |urlmorta=yes }}</ref><ref name="weather">{{cita web|url=http://www.antarcticconnection.com/antarctic/weather/index.shtml|título=ANTARCTIC WEATHER|publisher=The Antarctic Connection|data-acceso=19 de xuño de 2013|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070108002830/http://www.antarcticconnection.com/antarctic/weather/index.shtml|dataarquivo=08 de xaneiro de 2007|urlmorta=yes}}</ref> A causa da influencia das correntes mariñas, as zonas costeiras presentan temperaturas máis suaves, cunha media anual de -10&nbsp;°C (con valores entre 10&nbsp;°C no verán e -40&nbsp;°C no inverno). Por outra banda, no interior do continente, a media anual é de -30&nbsp;°C, con temperaturas variando entre os -30&nbsp;°C no verán ata temperaturas por debaixo dos -80&nbsp;°C no inverno. Estas baixas temperaturas débense non soamente á súa localización xeográfica na zona polar, mais tamén á súa elevada altitude media e á pouca radiación solar que recibe a rexión. Ademais, entre o 80 e o 90 % da radiación que recibe a Antártida é reflectida polo xeo novamente ao espazo, evitando o quecemento da superficie polar.<ref name="BAS-weather">{{cita web|url=http://www.antarctica.ac.uk/met/jds/weather/weather.htm|título=''Weather in the Antarctic''|publisher=British Antarctic Survey.|accessdate=19-06-2013}}</ref> Polo contrario, a temperatura máis cálida foi rexistrada na estación neozelandesa de [[Estación de Vanda|Vanda]], en xaneiro de [[1974]], cando o termómetro ascendeu ata os +15&nbsp;°C.<ref name="weather"/><ref>{{cita libro|título =Antarctica|autor= Jeff Rubin|editor =Lonely Planet|data= 2005|isbn=9781740590945|url=http://books.google.cat/books?id=XZmiTLVVzD8C&pg=PA335}}, páx. 335</ref> A Antártida Oriental é máis fría que a Occidental debido á súa maior elevación.
 
A Antártida é máis fría que o [[Ártico]] por tres razóns. A primeira é que a maior parte do continente se encontra a máis de 3.000 m sobre o nivel do mar, e a temperatura descende coa elevación na [[troposfera]]. En segundo lugar, o [[Océano Ártico]] cobre a zona polar setentrional: a temperatura relativamente suave do océano transfírese pola bolsa de xeo e evita que as temperaturas nas rexións árticas cheguen aos valores extremos da superficie antártica. Debido á latitude prodúcense longos días de constante escuridade ou constante luz que crean climas descoñecidos para os seres humanos en boa parte do mundo.<ref name="BAS-weather" /> A terceira razón é o [[apse|afelio]] de xullo (isto é, a Terra está máis lonxe do Sol durante o inverno antártico), e o perihelio de xaneiro (isto é, a Terra está máis cerca do Sol durante o verán antártico). A distancia orbital contribúe a un inverno antártico máis frío (e a un verán máis cálido) mais os primeiros dous efectos teñen un maior impacto.<ref>http://geography.about.com/od/physicalgeography/a/orbitsun.htm</ref>