Diferenzas entre revisións de «ADN recombinante»

sen resumo de edición
O '''ADN recombinante''' é unha molécula de [[ADN]] formada por medio de métodos de laboratorio de [[recombinación xenética]] (como a [[clonación molecular]]) na que se xuntan materiais xenéticos de dúas ou máis fontes, creando [[secuencias de ADN]] que doutro modo non formarían parte do [[xenoma]]. Xeralmente abréviase como ADNr ou rDNA (pero estas siglas tamén se usan para o ADN dos xenes que codifican o [[ARN ribosómico]]).
 
OFormar un ADN recombinante é posible porque as moléculas de ADN de todos os organismos comparten a mesma estrutura química global e só difiren na secuencia de [[nucleótido]]s dentro dunha mesma estrutura global. As moléculas de ADN recombinante denomínanse ás veces '''ADN quimérico''', porque poden facerse con material de dúas especies, como as míticas [[quimera (mitoloxía)|quimeraquimeras]]. A tecnoloxía do ADN recombinante usa [[secuencia palindrómica|secuencias palindrómicas]] e produce [[extremos coherentes ou romos]] no ADN para crear o ADN recombinante.
 
As secuencias de ADN usadas na construción de moléculas de ADN recombinante poden proceder de calquera [[especie (bioloxía)|especie]]. Por exemplo, ADN dunha planta pode unirse con ADN bacteriano, ou ADN humano con ADN de fungo. Ademais, poden crearse secuencias de ADN que non aparecen en ningunha parte na natureza por [[síntese de oligonucleótidos|síntese química de ADN]] e despois poden incorporarse ás moléculas recombinantes. Co uso da tecnoloxía do ADN recombinante e do ADN sintético, literalmente pode crfearse calquera secuencia de ADN e introducida nunha ampla variedade de organismos vivos.
190.202

edicións