Diferenzas entre revisións de «ADN recombinante»

sen resumo de edición
{{en tradución}}
[[Ficheiro:recombinant formation of plasmids.svg|miniatura|280px|Construción dun ADN recombinante, no cal un fragmento de ADN alleo insírese nun [[plásmido]] que funciona como vector. Neste exemplo, o xene indicado pola cor branca é inactivado pola inserción do fragmento de ADN alleo.]]
O '''ADN recombinante''' é unha molécula de [[ADN]] formada por medio de métodos de laboratorio de [[recombinación xenética]] (como a [[clonación molecular]]) na que se xuntan materiais xenéticos de dúas ou máis fontes, creando [[secuencias de ADN]] que doutro modo non formarían parte do [[xenoma]]. Xeralmente abréviase como ADNr ou rDNA (pero estas sigolassiglas tamén se usan para o ADN dos xenes que codifican o [[ARN ribosómico]]).
 
O ADN recombinante é posible porque as moléculas de ADN de todos os organismos comparten a mesma estrutura química e só difiren na secuencia de [[nucleótido]]s dentro dunha mesma estrutura global. As moléculas de ADN recombinante denomínanse ás veces '''ADN quimérico''', porque poden facerse con material de dúas especies, como as míticas [[quimera (mitoloxía)|quimera]]. A tecnoloxía do ADN recombinante usa [[secuencia palindrómica|secuencias palindrómicas]] e produce [[extremos coherentes ou romos]] no ADN.
190.202

edicións