Diferenzas entre revisións de «ADN recombinante»

sen resumo de edición
O ADN recombinante é posible porque as moléculas de ADN de todos os organismos comparten a mesma estrutura química e só difiren na secuencia de [[nucleótido]]s dentro dunha mesma estrutura global. As moléculas de ADN recombinante denomínanse ás veces '''ADN quimérico''', porque poden facerse con material de dúas especies, como as míticas [[quimera (mitoloxía)|quimera]]. A tecnoloxía do ADN recombinante usa [[secuencia palindrómica|secuencias palindrómicas]] e produce [[extremos coherentes ou romos]] no ADN.
 
As secuencias de ADN usadas na construción de moléculas de ADN recombinante poden proceder de calquera [[especie (bioloxía)|especie]]. Por exemplo, ADN dunha planta pode unirse con ADN bacteriano, ou ADN humano con ADN de fungo. Ademais, poden crearse secuencias de ADN que non aparecen en ningunha parte na natureza por [[síntese de oligonucleótidos|síntese química de ADN]] e despois poden incorporarse ás moléculas recombinantes. CousoCo uso da tecnoloxía do ADN recombinante e do ADN sintético, literalmente pode crfearse calquera secuencia de ADN e introducida nunha ampla variedade de organismos vivos.
 
As proteínas que poden orixinarse da expresión dun ADN recombinante nas células vivas denomínanse ''proteínas recombinantes''. Cando o ADN recombinante que codifica proteínas se introduce nun organismo hóspede, non necesariamente se vai producir a proteína recombinante.<ref>{{Cite journal|last1=Rosano|first1=Germán L.|last2=Ceccarelli|first2=Eduardo A.|date=2014-04-17|title=Recombinant protein expression in Escherichia coli: advances and challenges|journal=Frontiers in Microbiology|volume=5|pages=172|doi=10.3389/fmicb.2014.00172|issn=1664-302X|pmc=4029002|pmid=24860555}}</ref> A expresión de proteínas alleas require o uso de vectores de expresión especializados e adoita necesitar unha significativa reestruturación por secuencias codificantes alleas.<ref>{{cite web|title=Promoters used to regulate gene expression|url=http://www.cambia.org/daisy/promoters/818.html|website=www.cambia.org|accessdate=16 February 2018}}</ref>
190.202

edicións