María Xesús Lorenzana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Licenciouse en [[Dereito]] na [[Universidade da Coruña]] (2004) e ampliou os seus estudos en Dereito Autonómico no [[Instituto de Dret Públic|Instituto de Dereito Público]] de [[Universidade Politécnica de Cataluña|Barcelona]]. Aprobou as oposicións a letradas da Xunta en 2007. Ocupou diversos postos na [[Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia|Asesoría Xurídica da Xunta]], entre eles, na asesoría xurídica da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar, e na Asesoría Xurídica Xeral da [[Xunta de Galicia]]. Desde novembro de 2011 até febreiro de 2013 foi a asesora xurídica da Presidencia da Xunta.
 
A partir de 2013 e durante sete anos, foi secretaria xeral técnica de diversas consellarías: [[Consellería de Traballo e Benestar|Traballo e Benestar]] (2013), [[Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda|Medio Ambiente e Ordenación do Territorio]] (2015), e [[Consellería do Medio Rural|Medio Rural]] (2018).