WilliamsF1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 7 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Fendetestas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
 
A fase máis vitoriosa da Williams acabou en {{f1|1997}}, en gran parte pola perda dos motores Renault, que retiráronse da Fórmula 1. Nas temporadas de {{f1|1998}} e {{f1|1999}} cos motores non-oficiais da Renault, [[Mecachrome]] e [[Supertec]] respectivamente, Williams conquistou os postos 3° e 5° no campionato de construtores, sen oportunidades de vitoria.
 
 
Williams traballou con moitos fabricantes de motores, o máis exitoso con Renault, gañando cinco dos seus nove títulos de construtores coa compañía francesa. Xunto con [[Scuderia Ferrari | Ferrari]], [[McLaren]], [[Benetton Formula | Benetton]] e [[Renault na Fórmula 1 | Renault]], Williams forma parte dun grupo de cinco equipos que gañaron varios campionatos de construtores entre 1979 e 2008 e varios campionatos de pilotos entre 1984 e 2008.
 
Williams F1 tamén ten intereses comerciais máis alá das carreiras de Fórmula Un. Con sede en [[Grove, Oxfordshire]], Reino Unido, Williams estableceu [[Williams Advanced Engineering]] e [[Williams Hybrid Power]] que toman a tecnoloxía desenvolvida orixinalmente para a Fórmula Un e a adaptan para aplicacións comerciais. En abril de 2014, Williams Hybrid Power vendeuse a [[GKN]]. Williams Advanced Engineering tivo un centro tecnolóxico en Qatar ata que foi pechado en 2014.
 
En maio de 2020, Williams anunciou que buscaban compradores para unha parte do equipo debido ao mal rendemento financeiro en {{f1|2019}} e que rescindiran o contrato do patrocinador principal ROKiT. O 21 de agosto de 2020, Williams foi adquirida por Dorilton Capital.
 
[[Claire Williams]] e Frank Williams deberán renunciar ás súas funcións de xestión a partir do 7 de setembro de 2020.<ref>{{Cite web|last=|first=|date=3 September 2020|title=Williams family to step aside from running of the team after Italian GP|url=https://www.formula1.com/en/latest/article.breaking-williams-family-to-step-aside-from-running-of-the-team-after.2Ss3rwUeVit4NJ3XR6oLDn.html|url-status=live|archive-url=|archive-date=|access-date=2020-09-03|website=www.formula1.com|language=en}}</ref>
{{toc limit|3}}
 
== Orixes ==