Diferenzas entre revisións de «Reserva da biosfera»

sen resumo de edición
(Correccións e melloras.)
As '''reservas da biosfera''' son lugares para proba de proxectos de [[desenvolvemento sustentable]] da iniciativa [[Programa sobre o Home e a Biosfera]] da [[Unesco]].<ref name="RB_About">{{Cita web|título = What are Biosphere Reserves? | editores = [[UNESCO]] | url = https://en.unesco.org/biosphere/about}}</ref> As reservas abranguen territorios con [[Ecosistema|ecosistemas]] terrestres, mariños e costeiros nos que se fomentan proxectos que permitan avanzar no desenvolvemento social preservando o valor ecolóxico do territorio. Búscase conservar a [[biodiversidade]] e a diversidade cultura, o desenvolvemento económico sostible, e a [[investigación]], a [[educación]] e a formación da sociedade.<ref name="RB_About"/>
 
As reservas da biosfera deben incluír unha principalou convarias áreas[[Espazo natural protexido|área protexidas]], onde se conservará súa [[biodiversidade]], e zonas na que se promoven inciativasiniciativas de [[Desenvolvemento sustentábel|desenvolvemento sostible]] e conservación.<ref name="wnbr">{{Cita web | url = http://www.unesco.org/new/en/natural-sciences/environment/ecological-sciences/biosphere-reserves/world-network-wnbr/ | título = World Network of Biosphere Reserves (WNBR) | editores = UNESCO | dataacceso = 2 de setembro de 2020 | lingua = inglés }}</ref> As entidades locais e os [[Goberno|gobernos]] deben ser quen propoñan novas reservas. Un comité internacional avaliaraos para ser declarados como reserva natural, o cal obrigará aos solicitantes ao cumprimento da súa finalidade.<ref name="wnbr"/>
 
A lexislación española a través da lei 42/2007 e a lei 5/2019 galega recoñécenas como [[espazos naturais protexidos|áreas protexidas]] por instrumentos internacionais e asentan o marco legal para o recoñecemento da figura de reserva da biosfera no estado e a súa forma de xestión.<ref name="Lei52019>{{Cita publicación periódica|url = https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190807/AnuncioC3B0-020819-0001_gl.html | páxina = 35934| número = 149| data = Mércores, 7 de agosto de 2019| editores = [[Diario Oficial de Galicia|DOGa]]| autores = Presidencia da Xunta de Galicia| título = LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.}}</ref><ref name="Lei422007>{{Cita publicación periódica|título= Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.| xornal = BOE | número = 299 | data = 14/12/2007| autores = Xefatura do Estado | url = https://www.boe.es/eli/es/l/2007/12/13/42/con}}</ref>
 
==Obxectivos==
As reservas da biosfera decláranse dentro dunha '''Rede Mundial de Reservas da Biosfera''' no '''[[Programa sobre o Home e a Biosfera]]''' (en [[lingua inglesa|inglés]] ''Man and Biosphere programme''). A rede de biosferas decláranse nos plenos do programa e, por incumprimento dos obxectivos, pódense anular. Buscan acadar un aproveitamento racional e sustentable dos recursos e dos ecosistemas do territorio. Foméntase o diálogo entre as comunidades locais e a súa a participación en decisións do uso dos recursos da reserva, foméntase a involucración de científicos coa política de conservación da biodiversidade e foméntase as políticas de redución da pobreza e da mellora da calidade de vida das persoas.
 
O programa MAB promove as colaboracións entre os países dos hemisferios norte cos do sur, e os do sur entre eles. Fomenta o intercambio de experiencias na implantación dos programas das reservas da biosfera e as prácticas aplicadas.
4.161

edicións