Diccionario da literatura galega: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Liña 33:
* '''I''': O primeiro tomo leva por título [[wikipedia:Diccionario da literatura galega I Autores|'''''Autores''''']] (1995) e trátase dunha listaxe en orde alfabética dos autores e autoras que, até 1994, publicaron canto menos un libro en lingua galega. Neste participaron [[Iris Cochón]], Luciano Fernández, [[Ana Belén Fortes]], [[Helena González Fernández]], [[Henrique Monteagudo]], [[Ramón Nicolás]], [[María do Carmo Ríos Panisse]] e [[Dolores Vilavedra]]. Como criterio de selección de entradas para ''Autores'' fixaron como data límite decembro do ano 1994. Teránse en conta todos os autores e autoras que, como mínimo, teñan publicada unha obra en lingua galega. A extensión de cada entrada vai en función do «valor tanto extrínseco coma intrínseco da obra».<ref name="WORLDCAT"/>
* '''II''': O segundo tomo, titulado [[wikipedia:Diccionario da literatura galega II Publicacións periódicas|'''''Publicacións periódicas''''']] (1995), é a primeira parte de dúas referidas a publicacións. Esta está centrada nos textos xornalísticos. Segundo o prólogo, «Con este volume pretendemos simplemente certificar ata que punto o desenvolvemento do discurso literario galego non só dependeu do xornalístico, senón que mesmo existiu (sobre todo en determinadas etapas como o primeiro Rexurdimento ou a posguerra) gracias a el».<ref name="WORLDCAT"/> Colaboran Ana Belén Fortes, Helena González Fernández, [[Susana Mayo]], Henrique Monteagudo, [[Noemí Pazó]], [[Marcos Valcárcel]], Dolores Vilavedra e [[Miro Villar]]. «O criterio fundamental que orientou a selección das publicacións periódicas aquí comentadas foi, obviamente, o de que nelas se inclúen textos literarios en galego, ou comentarios e
* '''III''': O terceiro tomo que conforma o dicionario, [[wikipedia:Diccionario da literatura galega III Obras|'''''Obras''''']] (2000) é a segunda parte das referidas ás publicacións, esta vez coa listaxe de obras. Ofrece un comentario crítico a duascentas corenta e nove obras da historia literaria galega en orde alfabética. Conta coa colaboración de [[Teresa Bermúdez]], [[Maria Cuquejo]], Ana Belén Fortes, Helena González Fernández, [[Xosé Antonio Neira Cruz]], [[Iolanda Ogando]], Noemí Pazó, [[Teresa Seara]], Marcos Valcárcel, Miro Villar, [[Iris Cochón]], [[Silvia Gaspar]] e [[Xosé Manuel Varela]]. A selección para ''Obras'' fíxose tendo en conta ao lector ou lectora escasamente iniciado, querendo funcionar como unha axuda, mais tamén querendo facer accesíbeis novas obras para poder avanzar no estudo da literatura galega. Este repertorio foi consensuado polos colaboradores e colaboradoras para dar testemuño do percorrido da literatura galega.
|