Movemento feminista en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Contido
Lles (conversa | contribucións)
m Contido
Liña 3:
O '''movemento feminista en Galicia''' forma parte dun movemento global de índole política, cultural, económica e social co obxecto de procurar a igualdade de dereitos entre [[home]]s e [[muller]]es a escala mundial, se ben pon o foco no [[Galicia|ámbito galego]]. A tese máis estendida sitúa a súa nacenza como movemento organizado, o [[feminismo]], no periódico histórico que, a nivel estatal, se denomina [[Transición española|transición]]<ref>{{Cita novas |título=Feminismo en tierra gallega |autor=Amaia Mauleón |url=https://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2010/03/18/feminismo-tierra-gallega/421345.html |xornal=Faro de Vigo |data=18 de marzo de 2010 |dataacceso=13 de marzo de 2019 }}</ref> dentro da [[segunda onda do feminismo]].
 
O inicio do movemento organizado de mulleres en Galicia está moi ligado ao [[antifranquismo]], a [[Asociación Galega da Muller]] fundouse en 1975.<ref name=":0">{{Cita web|título=Historia do movemento feminista galego. Debate feminista na Casa das Mulleres Xohana Torres|url=http://tm.santiagodecompostela.gal/gl/actividades/historia-do-movemento-feminista-galego-debate-feminista-na-casa-das-mulleres-xohana|páxina-web=tm.santiagodecompostela.gal|data=2018-04-18|data-acceso=2020-09-02|lingua=gl}}</ref> nun contexto mundial no que a [[Organización das Nacións Unidas|ONU]] declarara o ano internacional da muller<ref name=":0" /> e que en decembro en Madrid se planificaran as primeiras xornadas de liberación da muller.<ref name=":0" />
 
Entre as revistas importantes do movemento feminista en Galicia encádranse [[Andaina]] e a [[Festa da Palabra Silenciada]] e entre as activistas na historia do feminismo galego sitúanse [[Nanina Santos]], do equipo de redacción de Andaina, [[María Xosé Queizán]], impulsora da revista A palabra silenciada, [[Luísa Ocampo]], de [[Mulheres Nacionalistas Galegas]] e [[Lupe Ces]], impulsora nos inicios da [[Marcha Mundial das Mulleres]].<ref name=":0" />