Foro (contrato): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Demorada desaparición: +control autoridades using AWB
→‎Características: "lles" redundante
Liña 5:
Trátase dunha fórmula de cesión de bens, normalmente de natureza agraria, que presenta grandes analoxías co censo enfitéutico, pola que un titular da riqueza (o concedente ou forista) lle cedía a outro (o concesionario ou foreiro) uns bens determinados, a cambio do pago dun canon ou renda, ademais doutras obrigas, que mudaron co paso do tempo. A súa figura xurídica supoñía a existencia dunha pluralidade de dominios, na que o forista retiña para si o dominio directo, mentres que o foreiro recibía o dominio útil da riqueza aforada. A duración destes contratos agrarios, dende o principio moi longa, fixouse por vidas de 3 voces (vidas de foreiros) ou de 3 reis e 29 anos máis. Pero, a diferenza da enfiteuse, o foro non era unha cesión perpetua e, polo tanto, non se podía redimir. Os bens aforados debían retornar, co seu correspondente dominio, ó titular do directo que, en todo caso, debía pagar as melloras ou perfeitos que o dominio útil ou foreiro fixera.
O [[Galicia|territorio galego]] foi un dos espazos peninsulares nos que arraigou de forma máis clara esta práctica, aínda que, con este nome ou con outros semellantes (prazos, establecementos), se atopan cesións agrarias análogas en moitas rexións do norte de España e de Portugal, así como en Europa. Segundo os cálculos de autores do século XIX, a súa implantación en Galicia chegaría a afectarllesafectar ás catro quintas partes da área cultivada. Só na antiga [[provincia de Mondoñedo]], amais dalgunhas comarcas illadas do interior, tiñan relevancia outras formas, como os arrendos ou as parcerías.
 
O foro naceu nos tempos medievais, pero mantívose en vigor ata o [[século XX]], cando un decreto lei de [[1926]] regulou de modo definitivo a súa extinción mediante o procedemento da súa redención por parte do foreiro, a cambio do pago dunha indemnización ao forista. A desaparición deste sistema foi un proceso relativamente rápido e fixouse logo na Compilación del Derecho civil especial de Galicia de [[1963]] o seu cesamento absoluto en [[1973]]. A vixencia legal do foro rematou daquela, despois de máis de oito centurias de existencia. Pero a súa historia non resultou uniforme, senón que viviu xeiras ben diferentes que se poden agrupar en varias fases. Con todo, as cuestións esenciais redúcense a dúas: a condición temporal ou perpetua e as obrigas que debían cumprir os foreiros ou levadores da terra. Ámbalas dúas, especialmente a primeira, foron obxecto de conflitos en diversos momentos da historia do foro.