Repartimento de África: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 149:
Porén, ao final da [[Primeira Guerra Mundial]] os imperios colonizadores fixéranse moi populares case en todas partes: a opinión pública fora convencida da necesidade dun imperio colonial, aínda que moitos dos metropolitanos nunca o verían. As exhibicións coloniais foran instrumentais neste cambio de mentalidades populares provocado pola propaganda colonial, mantida polo ''[[lobby]]'' colonial e por varios [[científico]]s. Así, a conquista de territorios foi inevitabelmente seguida por exhibicións públicas dos [[indíxena]]s por motivos [[científico]]s e de [[lecer]]. Karl Hagenbeck, un comerciante alemán de animais salvaxes e futuro empresario de moitos [[zoolóxico]]s de Europa, decidiu desta maneira exhibir en [[1874]] a xente de [[Samoa]] e [[Pobo saami|Saamis]] como poboacións "puramente naturais". En [[1876]] mandou a un dos seus colaboradores ao recentemente conquistado [[Sudán Anglo-Exipcio]] para que conseguira algunhas bestas salvaxes e [[Pobos nuba|Nubas]]. Presentados en [[París]], [[Londres]] e [[Berlín]], estes Nubas foron un éxito. Tales "zoolóxicos humanos" podían encontrarse en [[Hamburgo]], [[Antuerpen]], [[Barcelona]], [[Londres]], [[Milán]], [[Nova York]], [[Varsovia]], etc., e entre 200 000 e 300 000 visitantes asistindo a cada exhibición. Os [[Tuareg]]s foron exhibidos despois da conquista francesa de [[Tombouctou]] (descuberto por René Caillé, disfrazado como musulmán, en [[1828]] e que, desta forma, ganou o premio ofrecido pola ''Société de Géographie'' francesa); os [[Madagascar|Malgaxes]] despois da ocupación de [[Madagascar]]; as mulleres amazonas de [[Abomey]], despois da derrota mediática de [[Behanzin]] contra os franceses en [[1894]]... Non acostumados ás condicións climáticas, algúns dos indíxenas exhibidos morreron, como uns Galibis en París en [[1892]].<ref>[https://web.archive.org/web/20080418022152/http://www.africultures.com/anglais/articles_anglais/43blanchard.htm "From human zoos to colonial apotheoses: the era of exhibiting the Other" (De zoolóxicos humanos a apoteoses coloniais: a era de exhibir o Outro)], por Pascal Blanchard, Nicolas Bancel e Sandrine Lemaire {{en}}.</ref>
 
[[Ficheiro:African Pigmies CNE-v1-p58-B.jpg|miniatura|200px|'''[[Pigmeos]] xunto ao Prof. K. G. Murphy'''.<br /> Algúns pigmeos foron exhibidos en zoos humanos, como [[Ota Benga]], no zoo do Bronx, en [[Nova York]].]]
[[Ficheiro:Baartman.jpg|miniatura|200px|Unha caricatura do século XIX de Saartje Baartman, unha muller [[khoisa]] que era exhibida espida nunha gaiola como unha atracción en [[Inglaterra]], ante a indignación da Asociación Africana. Despois da súa morte, os seus xenitais foron diseccionados e moldeados en cera. [[Nelson Mandela]] solicitou formalmente a [[Francia]] o regreso dos seus restos, que estiveran gardados no Musée de l'Homme de [[París]] até [[1974]].]]
 
[[Albert Geoffroy Saint-Hilaire]], director do ''Xardín de Aclimatación'' de [[París]], decidiu en [[1877]] organizar dúas "exhibicións etnolóxicas", presentando Nubas e [[Inuit]]s. O público do xardín parisiense duplicouse, cun millón de entradas pagadas nese ano, un gran logro para eses tempos. Entre [[1877]] e [[1912]], aproximadamente trinta "exhibicións etnolóxicas" foron presentadas no ''Jardin zoologique d'acclimatation''.<ref>[http://www.monde-diplomatique.fr/2000/08/BANCEL/14145.html "Estes zoolóxicos humanos da República Colonial"], ''Le Monde diplomatique'', agosto de 2000 {{fr}}.</ref>As "vilas de negros" serían presentadas na Feria Mundial de París de [[1878]] e [[1879]]; a Feria Mundial de 1900 presentou o famoso diorama "vivindo" en [[Madagascar]], mentres que as Exhibicións Coloniais en [[Marsella]] ([[1906]] e [[1922]]) e en París ([[1907]] e [[1931]]) presentarían tamén seres humanos en gaiolas, frecuentemente epidos ou semiespidos.<ref>[http://www.discoverparis.net/newsletter.html?insight=3162983825694464 Febreiro de 2003, O fin dunha era] {{fr}}.</ref> As "vilas [[Senegal|senegalesas]]" nómades tamén foron creadas, mostrando así o poder do imperio colonial a toda a poboación.
 
Nos [[Estados Unidos]], Madison Grant, director da Sociedade Zoolóxica de Nova York, expuxo ao [[pigmeo]] [[Ota Benga]] no Zoolóxico de Bronx xunto con simios e outros animais en [[1906]]. A instancias de Grant, un prominente científico racista (chamado así por ser seguidor das teorías antropolóxicas do século XIX) e [[Euxenesia|euxenecista]], o director Hornaday, puxo a Ota Benga nunha gaiola cun [[orangután]] e marcouno como o "elo perdido" nun intento de demostrar o [[darwinismo]] e, en particular, que africanos como Ota Benga eran máis próximos aos monos que os europeos.
 
Tales exhibicións coloniais, nas que se inclúen a Exhibición do Imperio Británico de [[1924]] e a exitosa Exposición Colonial de París de [[1931]], foron indudabelmente un elemento clave do proxecto de colonización e lexitimaron a desapiadada disputa por África, dol mesmo modo que o popular [[cómic]] ''[[As aventuras de Tintín]]'', cheo de clixés, foron obviamente portadores dunha ideoloxía [[Etnocentrismo|etnocéntrica]] e [[Racismo|racista]] que foi a condición de consentimento das masas para o fenómeno imperialista. O traballo de [[Hergé]] alcanzou a cima con historias como ''[[Tintín no Congo]]'' (1930-1931). (Aínda que cabe dicir que paradoxalmente, Hergé criticou o colonialismo europeo en [[Shanghai]] durante o período de entreguerras en ''[[O Loto Azul]]'').