Pelicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 233:
[[Ficheiro:Pelican wash from oil spill Louisiana 13 Dawn IBRRC 2010.05.04 B6X2141.jpg|miniatura|dereita|Limpeza dun pelicano "petroleado" nun centro de rescate en 2010.]]
 
A polución dode medioambiente[[Hábitat|hábitats]] por [[DDT]] afecta moito os ovos dos pelicanos. Por exemplo, en Norteamérica esa polución foi unha importante causa do declive das poboacións de ''P. occidentalis'' nas décadas de 1950 e 1960. O contaminante entrou na [[cadea trófica]] mariña, [[bioacumulación|bioacumulándose]] en varias especies, entre elas os peixes que eran a fonte primaria de alimentación dos pelicanos, como as [[anchoa]]s. O [[metabolito]] formado a partir do DDT [[diclorodifenildicloroetileno]] ou DDE é un tóxico reprodutivo para os pelicanos e moitas outras aves, que fai que a casca dos ovos sexa máis fina e feble, polo que aumenta o fracaso reprodutivo por rotura accidental dos ovos por parte das aves que os están a incubar. Desde que se puxo en vigor unha prohibición efectiva do uso do DDT en EEUU en 1972, a casca dos ovos volveu facerse máis grosa e as poboacións deses pelicanos recuperáronse moito.<ref name="usepa1980">{{Cita libro |title= National accomplishments in pollution control, 1970–1980: some case histories|isbn=1236274539 |autor=Anon |year=1980 |editorial= U.S. Environmental Protection Agency, Office of Planning and Evaluation|páxinas=183–184}}</ref><ref>{{cita web |url= http://www.stanford.edu/group/stanfordbirds/text/essays/DDT_and_Birds.html |title=DDT and Birds |data-acceso=6 de agosto de 2012 |autor=Ehrlich, Paul R.; Dobkin, David S.; Wheye, Darryl |editorial=Stanford University |year=1988}}</ref>
 
A finais da década de 1960, despois do declive do ''P. occidentalis'' en [[Luisiana]] causado polo DDT, importáronse 500 pelicanos de [[Florida, Estados Unidos de América|Florida]] para aumentar e restablecer as poboacións, pero uns 300 acabaron morrendo en 1975 envelenados polo pesticida [[organoclorado]] [[endrina]].<ref>{{cita web |url= http://news.google.com/newspapers?nid=861&dat=19820428&id=075dAAAAIBAJ&sjid=Fl4NAAAAIBAJ&pg=3543,7071462|title= Bird species regroup with residue decline |data-acceso=8 de agosto de 2012 |work=The Victoria Advocate: Julius Ermis’ Outdoors |autor=Ermis, Julius |editorial=Google News |date=29 de abril de 1982}}</ref> Uns 14&nbsp;000 pelicanos, entre os que estaban 7&nbsp;500 pelicanos brancos americanos (''P. erythrorhynchos''), morreron por [[botulismo]] despois de comer peixes do lago salino [[endorreico]] californiano [[Salton Sea]] en 1990.<ref name=Keith05/> En 1991 morreron cantidades superiores ás normais de ''P. occidentalis'' e do corvo mariño ''[[Phalacrocorax penicillatus]]'' en [[Santa Cruz, California]], por comeren anchoas contaminadas con [[ácido domoico]] [[neurotoxicidade|neurotóxico]], producido pola [[diatomea]] ''[[Pseudo-nitzschia]]''.<ref>{{Cita publicación periódica |autor=Work, Thierry M.; Barr, Bradd; Beale, Allison M.; Fritz, Lawrence; Quilliam, Michael A.; Wright, Jeffrey L.C. |year=1993|title=Epidemiology of domoic acid poisoning in Brown Pelicans (''Pelecanus occidentalis'') and Brandt's Cormorants (''Phalacrocorax penicillatus'') in California|jstor=20460314 |revista=Journal of Zoo and Wildlife Medicine |volume=24 |issue=1 |páxinas=54–62}}</ref>