A Pobra do Caramiñal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Anox (conversa | contribucións)
m Engadín algunha información
Liña 116:
 
== Historia ==
Algúns autores e historiadores afirman que os primeiros poboadores deste municipio foron os [[Praestamarcos]], que vivían nos [[Castro (poboado)|castros]], moitos deles hoxe desaparecidos e outros aos que é imposible o acceso ben por estar en propiedades privadas, ou ben por estar aínda sen escavar. O nome ''Posmarcos,'' hoxe presente nunha das parroquias da Pobra, deriva do do río Tambre, ou, mellor dito, da súa forma latinizada ''Tamǎra,'' cun prefixo ''praes-'' 'diante', e un sufixo ''-ko'' con valor xentilicio; significaba, logo, 'os de diante do Tambre'<ref>{{Cita libro|título=Hidronimia y léxico de origen paleuropeo en Galicia|apelidos=Bascuas|nome=Edelmiro|editorial=Edicións do Castro, Sada|ano=2006|ISBN=|ref=}}</ref>. Durante a [[romanización de Galicia]] acondicionáronse os camiños tradicionais de paso. A calzada romana ''Per Loca Marítima'' que unía esta zona coas localidades de Boiro e Porto do Son puido pasar pola ponte romana da Miserela.
 
Os séculos posteriores non tiveron un gran movemento poboacional. A poboación empezou a se asentar no interior, para evita-las incursións [[Viquingos en Galicia|viquingas]] que se deron adoito durante Idade Media (s. V - s. XV).
 
Dende sempre a vida da vila estivo ligada ao mar. OA ''Prova do Dayán'' ou ''do Deán'', así chamada na Idade Media, pertencía ao señorío eclesiástico, como indica o seu nome: o deán erado aarcebispado persoade queSantiago exercía a dirixíaxurisdición civil e gobernabacriminal. O primeiro deán da Pobra foi Guillén Beltrán. Este personaxe gobernaba dende un castelo, incendiado e destruído pola [[Irmandiños|revolta dos Irmandiños]] en 1467, do que hoxe non queda nada, agás o nome da parroquia ([[O Santiago do Deán ou Castelo, A Pobra do Caramiñal|O Castelo]] ou O Santiago do Deán), tamén coñecida como ''A Pobra do Deán''.
 
Non lonxe existía outro núcleo poboacional sobre o que exercía dominio a familia Xunqueiras, familia así mesmo procedente doutra nobiliaria galega destacada: os Soutomaior. A fusión de ámbolos dous núcleos (O Castelo e a vila do Caramiñal) non tivo lugar ata o século XIX (máis concretamente no ano [[1822]]) resultando da mesma a actual vila da Pobra do Caramiñal.
Liña 131:
O nome ''Pobra'' vén dun derivado regresivo do verbo ''pobrar ''(lat. POPULARE), moderno ''poboar''. Na [[Idade Media]] existían as variantes ''Pobla'' (a máis antiga), ''Pobra,'' ''Povra ''e ''Prova'', e posteriormente sufriu un proceso de castelanización, ata que a finais do século XX, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia regularizou os nomes dos tres concellos galegos que portan este elemento como ''Pobra''.<ref>Boullón Agrelo, Ana Isabel (1991): “Ó redor do topónimo ''Pobra'': estado da cuestión e novos datos”, ''[[Cadernos de Lingua]]'' 3, pp. 15-24.</ref>
 
En canto á segunda parte do nome, crese que o nome ''Caramiñal'' provén da planta da [[camariña]] <ref>Denominada localmente ''caramiña''.</ref> (''Corema album''), moi abundante antigamente en toda a zona e hoxe moi difícil de localizar e que; tamén dá nome a outra localidade galega, [[Camariñas]].
 
== Patrimonio ==