Diferenzas entre revisións de «Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller»

+ imaxe
(cambio fotografía)
(+ imaxe)
[[Ficheiro:Caldas_07-04r.jpg|miniatura|300px|Graffiti en [[Caldas de Reis]]]]
[[Ficheiro:Placa Carmen Blanco O Carballiño.jpg|dereita|miniatura|Placa no Carballiño cun verso de [[Carmen Blanco García]].]]
 
O '''Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller''', aprobado pola Asemblea Xeral das [[Nacións Unidas]] na súa Resolución 50/134 o [[17 de decembro]] de [[1999]], celébrase anualmente cada [[25 de novembro]], en memoria das [[irmás Mirabal]]. A proposta para que se celebrase nesa data realizouna a [[República Dominicana]], co apoio de 80 países.
 
== Historia ==
Na [[República Dominicana]] rexistrouse o asasinato das tres [[irmás Mirabal]], feito que tivo lugar o 25 de novembro de 1960, por orde do ditador dominicano [[Rafael Leónidas Trujillo]].
 
En 1981 celebrouse en [[Bogotá]], [[Colombia]], o <nowiki>''</nowiki>Primeiro Encontro Feminista Latinoamericano e do Caribe<nowiki>''</nowiki>, onde se decidiu marcar o 25 de novembro como o "Día Internacional de Non Violencia contra as Mulleres", lembrando o asasinato das tres mulleres.
 
En 1993 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a <nowiki>''</nowiki>Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra a Muller<nowiki>''</nowiki>, na que se definiu a "violencia contra a muller" como:<blockquote>''<nowiki>''</nowiki>Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluídas as ameazas, a coerción ou a prohibición arbitraria da liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na vida privada<nowiki>''</nowikiblockquote>.''</blockquote> Na devandita Asemblea recoñeceuse que eran necesarios "''unha clara declaración dos dereitos que se deben aplicar para asegurar a eliminación de toda violencia contra a muller en todas as súas formas, e un compromiso dos Estados e da comunidade internacional en xeral para eliminar a violencia contra a muller''".<ref>[http://daccess-ods.un.org/access.nsf/Get?Open&DS=A/RES/48/104&Lang=S Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller] Resolución 48/104. Asemblea Xeral de Nacións Unidas. Aprobado o 20/12/1993. Publicado o 23/02/1994.</ref>
 
O 17 de decembro de 1999, a [[Asemblea Xeral das Nacións Unidas]] designou o 25 de novembro coma o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A [[ONU]] invitou os [[goberno]]s, [[Organización Internacional|organizacións internacionais]] e [[Organización non gobernamental|organizacións non gobernamentais]] a organizar actividades dirixidas a sensibilizar o público respecto do problema neste día coma unha celebración internacional.