Diferenzas entre revisións de «Vilaboa, Vilaboa»

Engadín ligazón ao artigo da Galipedia do peto de ánimas do Toural.
(Corrección da confusión do peto de ánimas do Toural co do Coruxeiro. Corrección do século de construción do peto de ánimas do Toural, que data do século XIX.)
(Engadín ligazón ao artigo da Galipedia do peto de ánimas do Toural.)
 
A casa reitoral é un pazo de pedra do [[século XVII]]. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun [[Hórreo da Reitoral de San Martiño de Vilaboa|hórreo do século XVIII]] de 36 pés.
 
En [[Acuña, Vilaboa, Vilaboa|Acuña]] hai un cruceiro de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.<br/>O [[peto de ánimas do Toural]], situado sobre un pequeno altar de [[granito]] fronte o consistorio, data do século XIX. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do [[purgatorio]] son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.
[[Ficheiro:Vilaboa, peto ánimas 02-03a.jpg|dereita|miniatura|300px|Peto de ánimas do Toural.]]
O [[peto de ánimas]] do Coruxeiro está sobre unha base ruda en forma de pedestal. Nel aparecen cinco penitentes rodeados das lapas do purgatorio, baixo a figura dun monxe que intercede por eles (posiblemente [[Francisco de Asís]]).