Arte fenicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
 
Liña 4:
'''Arte fenicia''' é a denominación historiográfica da [[arte]] da [[civilización fenicia]], tanto o das [[metrópoles]] fenicias do [[Mediterráneo oriental]] como o das [[colonias fenicias]]. Para a produción artística da principal colonia fenicia, [[Cartago]], adoita empregarse o termo [[arte cartaxinés]] ou [[arte púnica]] (aínda que o termo [[fenicio|púnico]] emprégase tamén para referirse á totalidade do fenicio).
 
As producións artísticas fenicias teñen un forte compoñente [[artesanal]]. Nas súas [[escultura]]s, [[cerámica]]s, [[xoia]]s e [[Idade dos metais|obxectos de metal]], predominaban a [influencias [[arte exipcia|exipcias]], con elementos [[arte asirio|asirios]], nun primeiro período (dende o [[século -X|século X a. C.]] -data máis antiga que se adoita asignar á arte fenicia- até o [[século -VII|século VII a. C.]]). Nun segundo período pasou a predominar a [[arte grega|influencia grega]], chegando ás veces a confundirse as súas producións coas gregas, aínda que, polo xeral, detéctase unha maior tosquedade e e [[eclecticismo]] do artista fenicio nas obras dos seus obradoiros.
 
A arte fenicia influíu en gran medida na dos pobos indíxenas da [[Península Ibérica]] ([[Tartessos]] e [[arte ibérica]]).