Eclecticismo (arquitectura): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
 
Jglamela (conversa | contribucións)
Máis de en.wiki
Liña 1:
{{en uso}}
[[Ficheiro:Ayuntamiento, La Coruña, España, 2015-09-25, DD 141-143 HDR.jpg|miniatura|[[Palacio de María Pita]], na Coruña]]
O '''eclecticismo''',<ref>{{DRAG|eclecticismo}}</ref> en [[arquitectura]], é unha tendencia que mestura elementos de diferentes estilos e épocas da [[historia da arte]] e da [[historia da arquitectura|arquitectura]]. Naceu en Francia e exportouse rapidamente por toda Europa e Rusia, e despois aos Estados Unidos. O estilo desenvolveuse en occidente entre 1860 e finais da década de 1920.
 
Liña 6 ⟶ 7:
Tamén se empregou para definir ese período a palabra [[historicismo (arquitectura)|historicismo]], referíndose a unha nova visión da historia, en que se pescuda filosoficamente.<ref>{{Cita libro |apelidos=Chueca Goitia |nome=Fernando |título=Historia de la Arquitectura Occidental: X. Eclecticismo |dataacceso=28 de marzo de 2011|editorial=Dossat Bolsillo |isbn=84-237-0460-2 |páxinas=3-4|lingua=es}}</ref> Porén, eclecticismo ou historicismo non se refiren ao mesmo, xa que o historicismo é o uso dunha linguaxe anterior e o eclecticismo emprega varias linguaxes anteriores nunha mesma arquitectura. As referencias principais do historicismo foron a [[arte gótica]] ([[neogótico]]), a [[arte románica]] ([[neorrománico]]) e a [[arte oriental]] ([[orientalismo]] e [[exotismo]]).
 
Este foi un período complexo da historia da arquitectura en que coexistiron moitas tendencias entrecruzadas, con algunhas versións de carácter nacional, xa que cada país intentou revivir as súas tradicións máis autóctonas, coincidindo cos movementos [[nacionalismo|nacionalistas]] ou [[rexionalismo|rexionalistas]].<ref>{{Cita libro |apelidos=Chueca Goitia |nome=Fernando |título=Historia de la Arquitectura Occidental: X. Eclecticismo |dataacesodataacceso=28 de marzo de 2011|editorial=Dossat Bolsillo |isbn=84-237-0460-2 |páxinas=5-7|lingua=es}}</ref>
 
== Historia ==
O eclecticismo comezou a practicarse durante o século XIX, cando os arquitectos comezaron a buscar un estilo que lles permitise manter algúns precedentes históricos e á vez crear os seus propios deseños. A partir dun completo catálogo de estilos pasados, a capacidade de mesturar e combinar estilos permitiu unha liberdade máis expresiva e proporcionou unha fonte de inspiración sen fin. Mentres outros profesionais do deseño trataban de imitar escrupulosamente os estilos do pasado, os eclécticos diferían, sendo a forza que os dirixía a creación e non a [[nostalxia]],<ref name="Hamlin">Hamlin, T, 1952. "The Rise of Eclecticism in New York." ''Journal of the Society of Architectural Historians'', 11 (2), pp. 3–8.</ref> conservando o desexo de que os seus deseños fosen orixinais.
 
O entusiasmo pola imitación histórica comezou a decaer na década de 1930 e o eclecticismo foi apartado dos currículos das escolas de deseño en favor dun novo estilo. O cambio ao [[Arquitectura moderna|estilo moderno]] foi significativo e as novas tecnoloxías e novos materiais que se produciron nesa época permitiron maiores innovacións.<ref>Cruickshank, D, 1996. ''Sir Banister Fletcher's A History of Architecture''. 20th ed. Londres: Architectural Press. pp. 1483–1484.</ref> A pesar do afastamento do eclecticismo, a era continuou a ser historicamente significativa xa que "reabriu as portas á innovación e ás novas formas" para a arquitectura dos anos seguintes.<ref>Meeks, C, 1953. "Creative Eclecticism." ''Journal of the Society of Architectural Historians'', 12 (4), pp. 15–18.</ref>
 
== Notas ==
{{Listaref}}
 
{{Commonscat}}