Camillo Benso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Arranxos e amplío contido dende https://it.wikipedia.org/wiki/Camillo_Benso,_conte_di_Cavour
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
'''Camillo Benso''', '''conde de Cavour''', nado en [[Turín]] o [[10 de agosto]] de [[1810]] e finado o [[6 de xuño]] de [[1861]], foi un político e estadista da [[Italia]] anterior á [[Unificación de Italia|unificación]].
 
Foi ministro do [[Reino de Sardeña]] de [[1850]] a [[1852]], presidente do Consello de Ministros do Reino de Sardeña de 1852 a [[1859]] e do [[1860]] a [[1861]]. No mesmo 1861, coa proclamación do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]], converteuse no primeiro presidente do Consello de ministros do novo Estado, cargo que ocupou ata a súa morte ese mesmo ano.
 
Foi protagonista do [[Risorgimento]] como partidario das ideas [[Liberalismo|liberais]], do progreso civil e económico, do [[anticlericalismo]], dos movementos nacionais e da expansión do Reino de Sardeña fronte ao [[Imperio Austríaco]] e os Estados italianos de antes da unificación.
Liña 10:
En economía promoveu o [[mercado libre]], os grandes investimentos industriais (sobre todo no campo [[Ferrocarril|ferroviario]]) e a cooperación entre público e privado. En política apoiou e defendeu a promulgación do [[Estatuto albertino]]. Xefe da chamada [[dereita histórica]], asinou un acordo coa esquerda, coa que realizou diversas reformas. Confrontou abertamente as ideas republicanas de [[Giuseppe Mazzini]] e enfrontouse a miúdo a [[Giuseppe Garibaldi]], de cuxas accións temía un potencial revolucionario.
 
En política exterior teceu con habilidade unha alianza con Francia graciasgrazas á cal, coa [[Segunda guerra da Independencia italiana|segunda guerra da Independencia]], obtivo a expansión territorial do Reino de Sardeña en [[Lombardía]]. Conseguiu manexar os eventos políticos (disturbios no [[Gran Ducado de Toscana]], nos ducados de [[Ducado de Módena|Módena]] e [[Ducado de Parma|Parma]] e no [[Reino das Dúas Sicilias]]) que xunto á [[Expedición dos Mil]] levaron á formación do Reino de Italia.
 
== Biografía ==