Camillo Benso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Xanetas (conversa | contribucións)
Arranxos e amplío contido dende https://it.wikipedia.org/wiki/Camillo_Benso,_conte_di_Cavour
Liña 3:
 
'''Camillo Benso''', '''conde de Cavour''', nado en [[Turín]] o [[10 de agosto]] de [[1810]] e finado o [[6 de xuño]] de [[1861]], foi un político e estadista da [[Italia]] anterior á [[Unificación de Italia|unificación]].
 
Foi ministro do [[Reino de Sardeña]] de [[1850]] a [[1852]], presidente do Consello de Ministros do Reino de Sardeña de 1852 a [[1859]] e do 1860 a 1861. No mesmo 1861, coa proclamación do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]], converteuse no primeiro presidente do Consello de ministros do novo Estado, cargo que ocupou ata a súa morte ese mesmo ano.
 
Foi protagonista do [[Risorgimento]] como partidario das ideas [[Liberalismo|liberais]], do progreso civil e económico, do [[anticlericalismo]], dos movementos nacionais e da expansión do Reino de Sardeña fronte ao [[Imperio Austríaco]] e os Estados italianos de antes da unificación.
 
En economía promoveu o [[mercado libre]], os grandes investimentos industriais (sobre todo no campo [[Ferrocarril|ferroviario]]) e a cooperación entre público e privado. En política apoiou e defendeu a promulgación do [[Estatuto albertino]]. Xefe da chamada [[dereita histórica]], asinou un acordo coa esquerda, coa que realizou diversas reformas. Confrontou abertamente as ideas republicanas de [[Giuseppe Mazzini]] e enfrontouse a miúdo a [[Giuseppe Garibaldi]], de cuxas accións temía un potencial revolucionario.
 
En política exterior teceu con habilidade unha alianza con Francia gracias á cal, coa [[Segunda guerra da Independencia italiana|segunda guerra da Independencia]], obtivo a expansión territorial do Reino de Sardeña en [[Lombardía]]. Conseguiu manexar os eventos políticos (disturbios no [[Gran Ducado de Toscana]], nos ducados de [[Ducado de Módena|Módena]] e [[Ducado de Parma|Parma]] e no [[Reino das Dúas Sicilias]]) que xunto á [[Expedición dos Mil]] levaron á formación do Reino de Italia.
 
== Biografía ==
Fillo do marqués MichelMichele Benso de Cavour e de Adèle de Sellon, dama de orixe [[suíza]]. [[Piemonte|Piemontés]] aristocrático de ideas liberais, durante a súa mocidade estudou na Academia Militar, chegando a ser oficial de Enxeñeiros. Pouco apegado á vida militar, deixou o exército e dedicouse a viaxar ao estranxeiro estudando o desenvolvemento económico dos países máis industrializados como [[Francia]] e [[Inglaterra]], documentándose en tódalas innovacións relacionadas con calquera campo. Aos 22 anos foi nomeado alcalde de Grinzane, localidade na que a súa familia tiña terras. A localidade mudou de nome, e pasou a chamarse [[Grinzane Cavour]] como agradecemento a Camillo Benso, que foiocupou o seu alcaldecargo durante 17 anos.
 
=== Os seus comezos en política ===
En [[1847]] fixo a súa aparición na escena política como fundador, xunto a [[Cesare Balbo]] dun xornal [[Liberalismo|liberal]] moderado, o ''Il Risorgimento''. Foi elixido deputado ao Parlamento en xuño de [[1848]]. Perdeu o seu escano nas eleccións de xaneiro de [[1849]], pero o recuperourecuperouno en marzo do mesmo ano, e non o deixaría ata a súa morte.
 
En [[1850]], tras un apaixonado discurso a favor das [[leis Siccardi]] pasou a formar parte do goberno de [[Massimo d'Azeglio]], como ministro de Agricultura, Comercio e Mariña; en [[1851]] completacompletou o seu control da vida económica do País coa asunción das competencias da carteira de Finanzas. En [[1852]] preparou con [[Cristián Rattazzi]], principal expoñente da esquerda liberal, unha coalición que o levou en novembro do mesmo ano á Presidencia do Consello de Ministros.
 
=== Reformas económicas ===
Liña 32 ⟶ 40:
Así, Cavour chamou a atención de tódalas potencias europeas sobre a cuestión italiana; para ter éxito tería que conseguir interesar polo menos de xeito especial nalgunha delas. En [[1858]] entrevistouse con [[Napoleón III]] (favorable a intervir a favor dos italianos a pesar de escapar milagrosamente con vida ao atentado do patriota emiliano [[Felice Orsini]]) en [[Plombières]] para ratificar un tratado defensivo-ofensivo fronte aos [[Habsburgo]]. En [[1859]] estoura a guerra que enfronta por unha banda a Francia e ao Piemonte e por outro a Austria. A guerra permitiu a anexión de [[Lombardía]], pero os franceses interromperon a guerra antes do previsto, asinando un armisticio con Austria no Tratado de Villafranca. Cavour, como protesta, dimitiu. Malia a oposición de [[Vítor Manuel II]], en [[1860]] Cavour volveu ocupar o cargo de Presidente do Consello.
 
Cuns estratéxicos movementos políticos e coa axuda do goberno británico, conseguiu obter o recoñecemento dos plebiscitos que se celebraron en [[Toscana]], nos ducados de [[Módena]] e [[Parma]] e nos Estados Pontificios para a anexión do Reino de Sardeña. Para continuar obtendo o apoio francés no seu proxecto, que xa era o de unificar a península italiana, cedeu a Francia a cidade de [[Niza]] e [[Actualmentea tenrexión 20.000de habitantes.[[Savoia (rexión)|Savoia]]. De xeito non explícito axudou a [[Giuseppe Garibaldi|Garibaldi]] a organizar a expedición[[Expedición dos Mil]], e logo, coa escusa de deter a ese "perigoso revolucionario" obtivo o permiso de Francia para ocupar os [[Estados Pontificios]], agás a cidade de [[Roma]].
 
Cando se uniron os exércitos, Garibaldi doou a Víctor Manuel II o sur de Italia, co que se chegou a unha reunificación parcial da península. O [[17 de marzo]] de [[1861]] Víctor Manuel II foi proclamado Rei de Italia. Cavour adicouse a unha operación diplomática a grande escala para conseguir un acordo co Papa, pero antes de chegar á conclusión morreu, probablemente de malaria, no palacio da súa familia en Turín o [[6 de xuño]] de [[1861]].
 
== Legado ==
No transcurso do tempo dous barcos da mariña italiana levaron o nome de Cavour, en [[1915]] un barco de guerra, e en [[2004]] un [[portaavións]].
En 1916 a localidade de Grinzane mudou de nome e pasou a chamarse [[Grinzane Cavour]] como agradecemento a Camillo Benso, que foi o seu alcalde durante 17 anos. Tamén leva o seu nome outro municipio italiano, [[Sogliano Cavour]], na [[provincia de Lecce]]. No transcurso do tempo dous barcos da mariña italiana levaron o nome de Cavour, en [[1915]] un barco de guerra, e en [[2004]] un [[portaavións]]. Ademais numerosas rúas e prazas de cidades italianas levan o seu nome.
 
== Véxase tamén ==