Audiovisual galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 1:
== Os comezos ==
A primeira grabación da historia da [[filmografía]] galega foi unha o '''Entierro del general Sánchez Bregua''', rodada na [[Coruña]] o [[20 de xuño]] de [[1897]] (a segunda película española máis antiga tan só despois de ''Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza''), rodada por [[José Sellier]], e dende aquela o seu percorrido é o da historia do resto da cultura galega, resumible en dúas opcións: exilio ou silencio. Facendo certo o refrán que fai que os profetas non o sexan na súa terra, o éxito dos profesionais galegos deuse no estranxeiro, principalmente na [[Arxentina]], [[México]], [[Francia]] e [[Cuba]]. Nomes como Maruja Mallo, Carolina Otero ou Ignacio Quirós invaden as páxinas da revista Galicia Emigrante, como mostra do que os galegos e fillos de galegos facían nas pantallas e teatros de fóra de Galicia. (¿Nome dun realizador coñecido que traballaba en México?). Desta época é tamén a relación do cine coa companía relixiosa fundada polo patrón da cinematografía: os [[salesianos]], creados por [[San Xoán Bosco]] teñen un labor iniciático na divulgación, promoción, fomento, defensa e mesmo formación e protección do cine de base aló onde se asentaron, moi a pesares da represión franquista, en [[Vigo]], [[Ourense]] ou [[A Coruña]]. Daí saiu a primeira produtora-distribuidora dos nosos eidos (¿Filmax? ou ¿Ícaro?), que tiña no seu logotipo un dos illós das nosas costas.
 
== A industria propia ==
Dende o primeiro filme comercial, ''[[Sempre Xonxa]]'' de [[Chano Piñeiro]] (pero sen esquecer que xa [[Antonio Román]] fixera un documental titulado ''[[O carro e o home]]'', con guión de [[Xaquín Lorenzo]]), o audiovisual galego oscilou moito na súa produción. A subvención da administración non sempre acadou os froitos agardados e o desenvolvemento foi moi irregular. Inda así, coa creación da [[Compañía de radio e televisión de Galicia]], implementáronse múltiples facetas en infinidade de ámbitos (dende a normalización lingüística ata a obriga de dobraxe ou subtitulado) que provocaron un resultado xeral necesariamente positivo. Facer que [[John Wayne]] cuspise e malxurase en galego ou que a [[escrava Isaura]] chorase nunha ''fazenda'' brasileira con saloucos galaicos foi un labor que nunca se eloxiará dabondo, pois o que hogano é normal foi daquela tan rechamante que tardou en deixar de ser comentado. A enorme variedade de eidos que se abriron (xunto cos deportes ou os telexornais) obrigou a un esforzo [[normativización|normativizador]] que nin aínda hoxe esta feito de todo.
 
Liña 9:
Os últimos pasos máis destacables son a aposta pola produción propia: co fito na dirección do polifacético [[Antón Reixa]], ''[[Mareas vivas]]'', xurdiron unha nova grea de series que salpican a grella da programación, dende [[Pratos combinados]] ata como [[As leis de Celavella]] ou [[Libro de familia]]. Mesmo no mundo da animación dixital, o incremento da produción galega levou implicada a creación dunha empresa conveniada con Caixanova que xa conta con dúas producións moi vendidas no estranxeiro, ''O bosque animado'' e ''O soño dunha noite de verán'' ([[Dygra Films]]). En santiago, na filial de [[filmax]], [[bren entertaintment]] estase a producir cine de animación de grn calidade, ca multimillonaria pelicula DonkeyXote, e conta ca coporduccion de títulos coma ''O Cid'', ''Pinocho 3000'', ''Gisaku'' e ''Perez''.
 
== Principais obras ==
As principais obras do audiovisual galego, tanto longametraxes coma curtametraxes e debuxos animados, son as seguintes:
* [[Sempre Xonxa]] de [[Chano Piñeiro]], en [[1988]], con [[Xosé Manuel Olveira 'Pico']], [[Uxía Blanco]], [[María Pujalte]] ou [[Loles León]]