Linguas nórdicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 4 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 30:
Na actualidade, os empréstamos do [[lingua inglesa|inglés]] están influíndo nestas linguas. Un informe do ano [[2005]] sobre palabras usadas por falantes das linguas escandinavas amosou que o número de empréstamos do inglés empregados nas linguas escandinavas duplicouse nos derradeiros 30 anos e que agora constitúe o 1'2% do seu léxico. O [[lingua islandesa|islandés]] importou un menor número de palabras inglesas que outras linguas escandinavas, malia ser o país no que máis se emprega o inglés.<ref name="Urban">"Urban misunderstandings". In [https://web.archive.org/web/20050213062716/http://www.norden.org/norden_i_veckan/2005/uk/050117.asp Norden this week - Monday 01.17.2005].The Nordic Council and the Nordic Council of Ministers. Consultado o 18 de setembro de 2009.</ref>
 
Existe outro xeito de clasificar as linguas, centrado máis na mutua intelixibilidade cá no modelo arbóreo, que sitúa ao noruegués, dinamarqués e sueco como membros do escandinavo continental e ao feroés e islandés como escandinavo insular.<ref name="Torp" /> Como resultado, o dinamarqués e mailo noruegués resultan máis intelixibles entre si que cada un respecto do sueco. Debido á longa unión política entre [[Noruega]] e [[Dinamarca]], o noruegués estándar [[Bokmål]] contén moito vocabulario dinamarqués. Porén, debido a que o dinamarqués desenvolveu unha grande diferenza entre as súas versións oral e escrita, os falantes do sueco e do noruegués adoitan consideran ao dinamarqués difícil de entender. O menor grao de intelixibilidade dase entre o dinamarqués oral e mailo sueco. Amais, por mor da pronunciación do dinamarqués, aos suecos resúltalles máis doado entender o noruegués có dinamarqués. Un aserto humorístico sobre o noruegués, que vén sintetizar as semellanzas e diferenzas entre linguas, di que o "noruegués é dinamarqués dito en sueco". Na lingua escrita, o dinamarqués é relativamente próximo a outras linguas escandinavas continentais, mais o desenvolvemento fonético do dinamarqués falado implica redución e asimilación de [[consoante]]s e [[vogal|vogais]], así como os trazos prosódicos chamados ''stød'' en dinamarqués (lit. "push; thrust"), desenvolvementos que non se deron noutras linguas. Os vencellos entre as tres linguas quedan resumidos no diagrama adxunto.
{|align="right" style="margin:0 1em 0.5em 1em;"
|[[Ficheiro:NGmc relations.png|miniatura|dereita|250px|Relación entre o noruegués o sueco e mailo dinamarqués]]