Sistemática: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''sistemática''' é unha área da bioloxía encargada de clasificar ás [[especie]]s a partir da súa historia [[Evolución|evolutiva]] ([[filoxenia]]). Ocúpase da diversidade biolóxica nun plano descritivo e nun interpretativo.<ref>Mayr & Ashlock, 1991.</ref> A unidade fundamental da que parte toda a clasificación é a [[especie]], aquela agrupación de seres na que todos os seus membros son quen de aparearse entre si e producir descendencia viable e [[Fertilidade|fértil]]. Para a designación das especies utilízase a [[nomenclatura binomial]] de Linneo, consta de dúas palabras escritas en minúsculas e cursiva, a primeira delas corresponde sempre ó xénero e comeza con maiúscula e a segunda escrita na súa totalidade en minúscula corresponde á especie. Os nomes de xéneros e especies sempre van nunha tipografía diferente que o resto do texto, normalmente en itálicas para texto tipografiado e subliñados no caso dun texto escrito a man. Os biólogos e paleontólogos adoitan incluír detrás do nome completo da especie o nome da persoa que a describiu, así como o ano de publicación.
{{Sen referencias|data=abril de 2017}}
A '''sistemática''' é unha área da bioloxía encargada de clasificar ás [[especie]]s a partir da súa historia [[Evolución|evolutiva]] ([[filoxenia]]). Ocúpase da diversidade biolóxica nun plano descritivo e nun interpretativo.<ref>Mayr & Ashlock, 1991.</ref>
 
A unidade fundamental da que parte toda a clasificación é a [[especie]], aquela agrupación de seres na que todos os seus membros son quen de aparearse entre si e producir descendencia viable e [[Fertilidade|fértil]]. Para a designación das especies utilízase a [[nomenclatura binomial]] de Linneo, consta de dúas palabras escritas en minúsculas e cursiva, a primeira delas corresponde sempre ó xénero e comeza con maiúscula e a segunda escrita na súa totalidade en minúscula corresponde á especie. Os nomes de xéneros e especies sempre van nunha tipografía diferente que o resto do texto, normalmente en itálicas para texto tipografiado e subliñados no caso dun texto escrito a man. Os biólogos e paleontólogos adoitan incluír detrás do nome completo da especie o nome da persoa que a describiu, así como o ano de publicación.
 
Nos anos cincuenta o entomólogo alemán Willi Hennig (fundador da [[cladística]]), suxeriu un sistema de agrupación baseado na historia evolutiva dos seres vivos ([[Filoxenia|filoxénese]]), no que tras estudar todas as características dun grupo e excluír aquelas que non marcan o seu desenvolvemento, define unha nova agrupación, chamada '''[[clado]]''', é necesario advertir que os trazos máis obvios e acusados non necesariamente marcan o desenvolvemento evolutivo dunha liñaxe. Esta agrupación en clados presta máis atención ós puntos en que os diversos clados se bifurcan ou separan entre si, que á agrupación por características morfolóxicas, que nalgúns casos, poderían ser secundarias e desvirtuar a lóxica no tempo do esquema arbóreo.