Voo 800 de TWA: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 38:
Posteriormente o TWA 800 recibiu unha serie de cambios de rumbo e en xeral se lle asignaron incrementos de altitude ata subir ata a súa altura de cruceiro prevista.<ref name="Informe oficial do accidente" /> O tempo na área era de ventos lixeiros con nubes dispersas e as condicións de luz eran as do solpor.<ref name="Informe oficial do accidente" /> A derradeira transmisión de radio dende o avión foi ás 8:30 pm, cando a tripulación de voo recibiu e despois recoñeceu as instrucións dende o centro de control aéreo de Boston para subir ata os 15 000 pés (4 600 m).<ref name="Cockpit Voice Recorder">{{cita web|título=Group Chairman's Factual Report of Investigation – Cockpit Voice Recorder|url=https://web.archive.org/web/20070614121659/http://www.ntsb.gov/events/TWA800/exhibits/Ex_12A.pdf|editor=NTSB|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref> Os últimos datos do transpondedor do avión graváronse polo radar da Federal Aviation Administration (FAA) en [[Trevose, Pennsilvania]] ás 8:31:12 pm.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
38 segundos despois o capitán dun [[Boeing 737]] de [[Eastwind Airlines]] informou ao centro de control de Coston que acababa de ver un estoupido no aire, a uns 16 000 pés, e que caeu cara a auga. Posteriormente, moitas instalacións de control de tráfico aéreo na zona de Nova York recibiron informes dun estoupido de parte de outrosdoutros pilotos que operaban na zona. Moitas testemuñas na área do accidente dixeron que viran ou escoitaran estoupidos, acompañados por unha ou varias grandes bolas de lume sobre o océano, e observaron cascallos, algúns dos cales estaban ardendo mentres caían.<ref name="Informe oficial do accidente" />
 
Varios barcos civís, militares e da policía chegaron á zona do accidente e comezaron a buscar superviventes aos poucos minutos do primeiro impacto coa auga, pero non atoparon ningún,<ref name="Informe oficial do accidente" /> facendo do TWA 800 o segundo peor accidente de aviación nos [[Estados Unidos]] nese tempo.<ref>{{cita web|título=ASN Aircraft accident Boeing 747-131 N93119 East Moriches, NY|url=http://aviation-safety.net/database/record.php?id=19960717-0|editor=Flight Safety Foundation|dataacceso=23 de agosto de 2017}}</ref>