Vendima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 10:
Existen variacións verbo dos métodos de transporte ou actuación na vendima, pero cómpre destacar pola súa singularidade o da Ribeira Sacra: as súas fortes pendentes no [[canón do Sil]], o método de cultivo da [[vide]] en bancais (terrazas) e a dificultade de acceso fan desta vendima singular entre tódalas galegas. O sistema de cultivo da uva ten unha forte influencia na recolla: non é o mesmo unhas vides [[parra|emoarradas]] ca en [[tocón]]s. Outras vendimas colectivas foron institucionalizadas nunha [[festa gastronómica]] en exaltación do viño correspondente.
 
=== Actividade produtiva ===
O valor económico do viño producido coa vendima procede fundamentalmente de:
# custo de materia prima: [[cádavos]] de vide;
Liña 18:
O valor económico da vendima estaría incluído no terceiro punto desta lista e a súa actividade abranguería tamén ás súas cinco actividades, inda que a acepción máis habitual reduciríase ás dúas primeiras.
 
=== Actividade social ===
O duro e o longo do traballo (tanto de recolla baixo o sol ou chuvia coma de transporte) provocan un forte contacto grupal e desenvolven unha concienciación de grupo como pode xurdir noutras actividades do mundo tradicional ([[fía]] ou [[fiadeiro]], [[espadela]], [[malla]], [[pesca]], [[sementeira]], [[sega]], etc.). A actividade da vendima marca os ciclos do agro na época estival e mesmo se lle chega a chamar ''sega'' ó mes de agosto cando se seitura e se realiza a vendima.