Pelicano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 16 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 244:
Igual que noutras familias de aves, os pelicanos son susceptibles a varios [[parasito]]s. Nas bolsas de todas as especies de pelicanos poden encontrarse piollos das plumas do xénero ''Piagetella'', que só se atopan ademais nalgúns corvos mariños do Novo Mundo e da Antártida. Os mosquitos ''[[Culex pipiens]]'' portan o parasito da [[malaria das aves]], e unha gran densidade destes mosquitos nunha zona pode obrigar aos pelicanos a abandonar as colonias. As [[samesuga]]s poden adherirse á [[Cloaca (zooloxía)|cloaca]] ou ás veces ao interior da bolsa dos pelicanos.<ref name="Rothschild ">{{Cita libro |title= Fleas, Flukes and Cuckoos. A Study of Bird Parasites |autor=Rothschild, Miriam; Clay, Theresa |year= 1953 |editorial= Collins |location= London |páxinas= 32, 121, 147, 215 |url= http://archive.org/details/fleasflukescucko017900mbp |data-acceso=29 de xuño de 2012}}</ref> Un estudo sobre os parasitos que tiñan os ''P. erithrorhynchos'' atopou 75 especies dos mesmos, entre os que había [[cestodo]]s, [[trematodo]]s, [[mosca]]s, [[pulga]]s, [[ácaro]]s e [[nematodo]]s. Moitos destes parasitos causan escasos danos nas aves, pero as moscas poden estar implicadas na morte das crías, especialmente se estas están febles ou enfermas, e a [[carracha]] ''Ornithodoros capensis'' ás veces fai que os adultos abandonen os niños. Moitos parasitos dos pelicanos están presentes tamén noutras aves, pero varios [[piollo]]s son moi específicos dos pelicanos.<ref name= overstreet/>
 
Os pelicanos que teñen boa saúde poden xeralmente soportar a infestación por piollos, pero as aves doentes poden portar centos de piollos, que aceleran a súa morte. O piollo da bolsa ''Piagetiella peralis'', que aparece na bolsa e, por tanto, non pode ser retirado de alí co peteiro, xeralmente non representa un problema serio, mesmo se está presente en grandes cantidades cubrindo todo o interior da bolsa, pero ás veces a inflamación e a hemorraxia poden afectar ao [[hóspede]].<ref name="overstreet">{{Cita publicación periódica | apelidos= Overstreet | nome= Robin M. | apelidos2= Curran|nome2=Stephen S. | year=2005 | title= Parasites of the American White Pelican | revista= Gulf and Caribbean Research | volume= 17 |páxinas= 31–48 | url =http://digitalcommons.unl.edu/cgi/viewcontent.cgi?article=1430&context=parasitologyfacpubs&sei-redir=1 |format =PDF}}</ref> O ''P. occidentalis'' ten un conxunto de parasitos tamén amplo. Os nematodos ''Contracaecum multipapillatum'' e ''C. mexicanum'' e o trematodo ''Ribeiroia ondatrae'' causaron enfermidade e mortalidade nas poboacións de [[Puerto Rico]], e posiblemente puxeron en perigo a pervivencia do pelicano nesa illa.<ref name="dyer">{{Cita publicación periódica|apelidos=Dyer|nome=William G.|apelidos2=Williams|nome2=Ernest H. Jr|apelidos3=Mignucci-Giannoni|nome3=Antonio A.|apelidos4=Jimenez-Marrero|nome4=Nilda M.|apelidos5=Bunkley-Williams|nome5=Lucy|apelidos6=Moore|nome6=Debra P.|apelidos7=Pence|nome7=Danny B.|ano=2002|título=Helminth and Arthropod Parasites of the Brown Pelican, ''Pelecanus occidentalis'', in Puerto Rico, with a Compilation of all Metazoan Parasites Reported from this Host in the Western Hemisphere|revista=Avian Pathology|volume=31|issue=5|páxinas=441 –48|url=http://phthiraptera.info/Publications/42846.pdf|doi=10.1080/0307945021000005815|data=|data-acceso=05 de outubro de 2013|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131217230003/http://phthiraptera.info/Publications/42846.pdf|dataarquivo=17 de decembro de 2013|urlmorta=yes}}</ref> En 2012, centos de pelicanos do Perú morreron enno Perú por unha combinación de fame e infestación de nematodos.<ref name="peru">{{cita web|title= Pelícanos en La Libertad murieron por desnutrición y parasitosis | url= http://peru.com/2012/05/04/actualidad/nacionales/pelicanos-libertad-murieron-desnutricion-y-parasitosis-noticia-62307 | language = es | editorial=Peru.com, 4 de maio de 2012 | data-acceso=29 de xuño de 2012}}</ref>
 
== Mitoloxía e cultura popular ==