Brian Epstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 21:
A versión aceptada maioritariamente sobre o seu primeiro encontro co grupo musical que axudou a converter en estrelas, indica que Epstein viu por primeira vez o nome de [[The Beatles]] no cartel dun concerto, e pensou que o nome soaba "parvo". Cando despois unha serie de clientes comezaron a preguntar polo sinxelo que gravaran con [[Tony Sheridan]] en Alemaña, e non sendo capaz de atopalo a través de ningún dos seus contactos habituais nas [[compañía discográfica|compañías discográficas]], decidiu ir preguntarlle directamente á banda. Epstein e o seu empregado Alistair Taylor acudiron a velos actuar ao abarrotado pub [[Cavern Club]] o 9 de novembro de 1961, que estaba na rúa á volta da tenda; admitíuselle no local directamente, sen necesidade de facer cola, e a súa chegada foi anunciada a través dos altofalantes do local. Epstein recorda a actuación do grupo esa noite: "Quedei impresionado de xeito inmediato pola súa música, o seu ritmo e o seu sentido do humor sobre o escenario. E ata máis tarde cando os coñecín tamén quedei impresionado polo seu carisma persoal. E foi nese mesmo instante onde todo comezou..." (Tamén recoñeceu aos membros do grupo como clientes habituais da tenda, onde pasaban o tempo entre os espectáculos ollando discos).
 
Esta historia citada pode ser ficticia: [[Bill Harry]] (por entón editor da revista [[Mersey Beat]]) asegurou que foi el quen personalmentepersoalmente presentou a Epstein e Lennon. Aínda que esta versión está igualmente sen verificar, débese ter en conta que Harry convencera a Epstein para distribuír a recentemente nada revista na súa tenda de discos, e esas revistas realmente promocionaban aos Beatles, amigos de Harry.
 
Nunha reunión o [[10 de decembro]] de [[1961]] decidiuse que Epstein se convertese no director da banda, e os membros asinaron un contrato de cinco anos con el en casa de [[Pete Best]] o [[24 de xaneiro]] de [[1962]]. Epstein nunca asinou o contrato, dando así a opción aos Beatles de romper a relación en calquera momento. Así mesmo, contactou co seu director anterior, [[Allan Williams]], para confirmar que non lle quedaba ningún vínculo con eles. Williams confirmouno, pero tamén advertiu a Epstein de "non manexalos cun remo de lancha".