Paguroideos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 38:
Existen no mundo ao redor de 500 [[especie (bioloxía)|especies]] de cangrexos ermitáns, sendo a maioría deles acuáticos, pero tamén hai algúns terrestres.
 
Estes [[crustáceo]]s teñen en común o uso de [[cuncha]]s de [[caracol|caracois]] para cubrir o seu ''pleon'' ([[abdome]]), que é máis brando que o de outrosdoutros [[cangrexo]]s. Este tipo de relación interespecífica que manteñen coas cunchas de [[moluscos]] mortos denomínase [[tanatocrese]], e son dos poucos animais que a realizan.
 
Só a parte dianteira (o [[cefalotórax]]) está cuberta por un [[exoesqueleto]] ríxido. Para protexerse agóchanse dentro de cunchas baleiras de moluscos. O abdome está enroscado para que poida coller dentro da cuncha; ademais, as súas pinzas e patas marchadoras permítenlles bloquear a entrada. A medida que o cangrexo medra debe cambiar de ''casa''. Empeza por inspeccionar detidamente coas súas pinzas as cunchas baleiras e, cando encontra a adecuada, cámbiase rapidamente. Para os cangrexos ermitáns encontrar unha cuncha baleira é cuestión de vida ou morte, polo que son frecuentes as loitas entre eles cando hai poucas dispoñíbeis.