Teoloxía da liberación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 7:
Integrantes do movemento afirman que este sempre estivo baseado en ideas de amor e liberación de todas as formas de opresión (especialmente opresión económica). Tamén afirman que ten unha forte base nas escrituras sacras. Por outra banda, algúns aspectos da teoloxía da liberación foron fortemente criticados pola [[Santa Sede]] e por varias igrexas [[protestantismo|protestantes]] (aínda que a [[igrexa luterana]] a adoptase), principalmente polo que consideran un exceso de politización e pola aproximación entre a teoloxía da liberación e o [[Marxismo]].
 
O papa [[Xoán Paulo II, papa|Xoán Paulo II]] solicitou á ''Congregación para a doutrina da fe'' (dirixida daquela polo agora papa [[Bieito XVI, papa|Bieito XVI]]) dous estudos sobre a Teoloxía da Liberación. Estes foron publicados en [[1984]] e [[1986]] cos nomes ''[[Libertatis Nuntius]]'' e ''[[Libertatis Conscientia]]''. Neles considérase que a pesar da importancia do compromiso radical que a Igrexa Católica asume cos pobres, a disposición da teoloxía da liberación a aceptar postulados de orixe marxista ou de outrasdoutras ideoloxías políticas non era compatíbel coa doutrina, especialmente ao afirmar que só sería posíbel acadar a redención cristiá cun compromiso político.
 
Algúns afirman que o que ocorreu non foi unha crítica ou represión ao movemento en si, pero si corrección de certas esaxeración dalgúns dos seus representantes (como cregos máis tendentes á política, ou mesmo ao [[gnosticismo]]).{{Cómpre referencia}} Sexa como for, hoxe a teoloxía da liberación non ten a mesma forza de outrora. Por outro lado, moitas das súas ideas difundíranse polo clero e grande parte dos sacerdotes latino-americanos hoxe está ligada en maior ou menor grao aos ideais de liberación desa escola teolóxica.