Landulfo I de Benevento: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Nados en 875 mediante HotCat
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 4:
En [[909]], foi a [[Constantinopla]] recibir os títulos ''[[títulos e cargos do Imperio Bizantino|antipatos]]'' e ''[[patricio|patrikios]]''. O seu irmán [[Atenulfo II de Capua|Atenulfo II]] ficou en Italia e recibiu unha investidura semellante. En xuño de [[910]] o seu pai morreu e converteuse en príncipe en solitario. Inmediatamente, investiu ao seu irmán como copríncipe.
 
O [[2 de xullo]] de [[911]], Landulfo asinou un tratado co duque [[Gregorio IV de Nápoles]], parte da política de alianzas e amizade cos líderes cristiáns do [[Mezzogiorno]]. Tamén continuou unha política de alianzas con [[Imperio Bizantino|Bizancio]], pero nunca servidume. Nunca xurou fidelidade ao emperador de Constantinopla. En [[914]], deu transferido a grande abadía de [[Monte Cassino]] de [[Teano]] a [[Capua]] e el e máis Atenulfo designaron un abade Xoán. O ano seguinte ([[915]]), enviaron a Xoán como embaixador a Constantinopla para renovar os vínculos de alianza. Ese verán, as forzas do novo ''[[strategos]]'' bizantino de [[Bari]], [[Nicolaus Picingli]], uniu as de outrosdoutros príncipes italianos meridionais: [[Xoán I de Gaeta|Xoán I]] e [[Docibilis II de Gaeta]], Gregorio IV e [[Xoán II de Nápoles]], e [[Guaimaro II de Salerno]]. A través de matrimonios diplomáticos, Landulfo logrou aliarse con estes gobernantes: casara con Gemma, filla de [[Atanasio de Nápoles]], e a filla de Atenulfo [[Gaitelgrima]] casou con Guaimaro II. o seu propio fillo, [[Atenulfo III de Capua|Atenulfo III]], casou con Rotilda, filla de Guaimaro. Xunto ao exército greco-longobardo puxéronse as forzas norteñas do papa [[Xoán X, Papa|Xoán X]] e [[Alberico I de Spoleto]] e venceu aos [[Sarracenos]] na [[Batalla de Garigliano]].
 
En [[921]], apoiou unha rebelión antigrega en [[Apulia]], chegando nos seus ataques ata [[Ascoli]]. Foi obrigado, con todo, a enviar ao seu segundo fillo, [[Landulfo II de Benevento|Landulfo II]], a Constantinopla como refén. En [[923]] ou [[926]], de acordo con Guaimaro, atacarían posesións bizantinas: Landulfo tomaría Apulia e Guaimaro [[Campania]]. Landulfo fracasou, cousa que non fixo Guaimaro. En [[929]], con Atenulfo II, Guaimaro II, e [[Teobaldo de Spoleto]], invadiu Apulia e Calabria outra vez. Desta vez, fracasaron todos e Teobaldo botou a perder a vella alianza.
 
En [[933]] Landulfo asociou ao seu fillo Atenulfo con el e o seu irmán no goberno. En [[934]], o axente bizantino Cosmas de Tesalónica convenceu a Guaimaro de que abandonase alianza. En [[935]], o rei [[Hugo de Arlés|Hugo de Italia]] deu o seu apoio aos gregos. Nuns poucos anos, a exitosa política antibizantina de Landulfo fora invertida e obrigárono a asinar a paz, pero continuabas as hostilidades: en [[Siponto]] en [[936]] e en [[Matera]] en [[940]]. En [[939]] morreu Atenulfo o irmán de Landulfo e asociou ao trono ao seu segundo fillo, Landulfo. Morreu catro anos despois, o [[10 de abril]].
 
== Véxase tamén ==