Nippon Professional Baseball: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 27:
Os Nishi Nippon Pirates da [[Liga Central]], que finalizaron en sexto lugar na primeira temporada, desapareceron ao final da mesma e fusionáronse cos Nishitetsu Clippers (tamén de [[Fukuoka]]) para formar os [[Nishitetsu Lions]]. Isto provocou que o número de equipos da Central descendesen a uns incómodos sete equipos. Así, en 1952, decidiuse que o equipo da Liga que acabase cunha procentaxe de vitorias inferior ao 30% sería obrigado a disolverse ou fusionarse con outros equipos. Finalmente, serían os Shochiku Robins os que caerían nesta circunstancia, decidindo fusionarse cos Taiyō Whales para converterse nos [[Taiyō Shochiku Robins]] en xaneiro de 1953. Esta manobra permitu á Liga Central ter de novo un número par de equipos.
 
Por outra banda, en 1954 uniuse un novo equipo á [[Liga do Pacífico]], os [[Takahashi Unions]], que permitiron aumentar o número de equipos da mesma a oito. Aínda que o equipo estaba formado por xogadores de outrosdoutros equipos da Liga do Pacífico, os Unions non foron nunca un equipo competitivo, acabando en último lugar en 1955 e 1956. Para a temporada de 1957, os Unions fusionáronse cos Daiei Stars para formar os [[Daiei Unions]], o que levou á Liga do Pacífico a regresar a un número impar de equipos con sete. Os novos Unions tan só duraron unha temporada, na que acabaron de novo en último lugar a 43,5 vitorias de diferenza co primeiro. PAra 1958 os unións volvéronse fusionar, esta vez cos Mainichi Orions para formar os [[Daimai Orions]]. Finalmente, a Liga do Pacífico conseguía ter de novo un número de equipos con seis, os mesmos que a Liga Central. Así, para finais da [[década de 1950]], a NPB pasou de ter quince equipos aos actuais doce.
 
== Formato ==