Schutzstaffel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 8:
A diferenza co brazo político das SS, o ''[[Allgemeine-SS]]'', o seu aparato militar, a ''[[Arma SS|Waffen-SS]]'', evolucionou cara un segundo exército alemán xunto coa ''[[Wehrmacht]]'', operando en colaboración co exército regular, o ''[[Heer]]''. A ''[[Arma SS|Waffen-SS]]'' gañou a reputación ao ter bos soldados, pero tamén gañou notoriedade pola súa excesiva brutalidade contra civís e prisioneiros de guerra. Os membros das ''Waffen-SS'' axudaron a esmagar o levantamento do [[Gueto de Varsovia]], no que participaron numerosos xudeus polacos, e aniquilaron a uns cantos prisioneiros de guerra norteamericanos preto da cidade belga de [[Malmedy]] durante a [[Batalla das Ardenas (1944)|Batalla das Ardenas]] en [[1944]].
 
As SS tiñan o seu propio sistema de rangos militares, diferente aos da ''[[Wehrmacht]]'', aos do [[Partido Nacionalsocialista Alemán dos Traballadores|NSDAP]] ou aos de outrasdoutras estruturas estatais. Tiñan tamén as súas propias insignias e uniformes.
 
Para manter o poder político do NSDAP, se lles outorgou ás SS a autoridade de establecer e promover o ''[[Sicherheitsdienst]]'' ou SD, o servizo de intelixencia e seguridade, e a ''Geheime Staatspolizei'', máis coñecida como a [[Gestapo]], a policía secreta do Estado nazi. Isto fixo que as SS se mantivesen por riba da lei.