Glicoproteína: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
de unha > dunha
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 31:
O procesado completo dos N-oligosacáridos das N-glicoproteínas ocorre de maneira secuencial, durante o seu movemento dende as cisternas da cara ''cis'' ás cisternas da cara ''trans'' do complexo de Golgi.
 
Os N-oligosacáridos procésanse no complexo de Golgi mediante unha secuencia ordenada de reaccións de modificación do N-oligosacárido base engadido ás proteínas no RER constituído por 14 [[residuo]]s de azucres. No RER elimínanse deste N-oligosacárido base os tres residuos de glicosa e un de manosas. Tras o seu [[transporte]] ó complexo de Golgi , ese N-oligosacárido sofre diversas modificacións posteriores denominadas glicosilación terminal. Así a primeira modificación nas N-glicoproteínas que van a ser secretadas ou destinadas á membrana plasmática é a eliminación de tres residuos de [[manosa]]. A isto séguelle a adición secuencial N-acetilglicosamina, a eliminación de dúas manosas máis e a adición dunha mucosa e de outrasdoutras dúas N-acetilglicosamina.
 
Finalmente engádense dúas galactosas e dous residuos de [[ácido siálico]]. As distintas N-glicoproteínas ramifícanse de modo diferente durante o seu paso a través do complexo de Golgi, dependendo da estrutura da súa proteína que é procesada, así como da cantidade de enzimas implicadas no proceso presente no complexo de Golgi dos diferentes tipos de células. Polo tanto, as proteínas poden saír do aparello de Golgi con diversos N-oligosacáridos unidos a elas.