Civilización minoica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 10:
== Historia ==
 
Creta foi a primeira potencia en xurdir no [[Exeo]], sen que se poidan esclarecer as súas causas últimas; en todo caso, houbo unha evolución local do [[Neolítico final]] e experimentáronse influencias a través da navegación e o comercio de outrasdoutras illas exeas, o [[Próximo Oriente]] e [[Exipto]].
 
Cara o ano 2000 a.C., xurdiu unha civilización urbana na que destaca o nacemento dunha arquitectura palacial, non ben coñecida na primeira etapa (polas destrucións e reconstrucións de 1000 anos). No plano arquitectónico coñécense o [[Minoico medio]] e o [[Minoico final|final]]. Consta, porén, a existencia de aglomeracións de poboación que deixaron de ser aldeas e conformáronse en comunidades con especialización artesá: deuse o paso a unha cultura complexa organizada a partir dunha serie de palacios, centros políticos das diversas rexións e onde, como hipótese, existía unha monarquía, moi vinculada á relixión, dado que os palacios incorporan zonas de culto. O palacio inclúe unha parte importante de dependencias de tipo económico vinculados á administración (almacéns ou depósitos). Monopolizaba o controlo da produción económica, nun modelo afín ao Próximo Oriente aínda que non na arquitectura.