Diferenzas entre revisións de «Portugal»

m
Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
m (Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores))
Cun pasado predominantemente agrícola, actualmente e debido a todo o desenvolvemento que o país rexistrou, a estrutura da economía baséase nos servizos e na industria, que representan 67,8% e 28,2;% do [[Valor Agregado Bruto]] (VAG). A [[agricultura]] portuguesa está ben adaptada grazas ao [[clima]], ao [[Relevo terrestre|relevo]] e aos [[solo]]s favorables. Nas últimas décadas, intensificouse a modernización agrícola, traballando preto do 12% da poboación activa [[sector primario|neste sector]]. As [[oliveira]]s ({{fmtn|4000|km²}}), os [[viña|viñedos]] ({{fmtn|3750|km²}}), o [[trigo]] ({{fmtn|3000|km²}}) e o [[millo]] ({{fmtn|2680|km²}}) son producidos en áreas bastante vastas. Os [[viño]]s (especialmente o [[Viño do Porto]] e o [[Viño de Madeira]]) e os [[aceite]]s portugueses son bastante apreciados debido á súa calidade. Portugal tamén é produtor de [[froita]] de calidade seleccionada, principalmente as [[Laranxeira|laranxas]] algarvías, a [[pera|pera-rocha]] na zona de [[Sintra]], a [[cereixa]] da Gardunha e a [[banana]] de Madeira. Outras producións son de [[horticultura]] ou [[flor]]icultura, como a [[beterraba|beterraba doce]], o aceite de [[xirasol]] e o [[tabaco]].<ref name="actividades">{{cita libro|autor=Rodrigues, Arinda|título=Novas Viagens — Actividades Económicas|editor=Texto Editora|edición=1ª|localidade=Lisboa|ano=2004|páxinas=34-35|isbn=972-4722465}}</ref>
 
A importancia económica da pesca, con todo, está a diminuír, empregando menos do 1% da poboación activa. A diminución dos ''stocks'' de recursos piscatorios reflectiuse na redución da frota pesqueira portuguesa que, aínda que se estivese a modernizar, aínda ten dificultades en competir con outras frotas europeas. A pesar da reducida extensión da plataforma continental portuguesa, existe certa diversidade de especies nas augas da Zona Económica Exclusiva de Portugal, unha das maiores dade Europa. A frota portuguesa efectúa captura en augas internacionais e nas ZEE doutros países. No seu todo, as especies máis capturadas son a [[sardiña]], a [[xarda]], o [[polbo]], o [[peixe espada|peixe espada negro]], a cavala-da-india e o [[atún]]. Os portos con maior desembarque de pescado, en [[2001]], foron os de [[Matosinhos]], [[Peniche]], [[Olhão]] e [[Sesimbra]].<ref name="actividades" />
 
Outro sector moi importante é a [[cortiza]], a cal ten unha produción bastante significativa: en [[2010]], Portugal producía o 54% da cortiza mundial.<ref>{{cita web |url=http://www.fao.org/docrep/X5326E/x5326e0b.htm|título=International trade in non-wood forest products: An overview|editor=FAO|dataacceso=19 de decembro 2013}}</ref> No tocante aos recursos minerais, os máis significativos son o [[cobre]], o [[litio]], o [[volframio]], o [[estaño]], o [[uranio]], [[feldespato]]s, a [[Halita|sal xema]], o [[talco]] e o [[mármore]].<ref>{{cita web|autor=Gurmendi, Alfredo C.|url=http://minerals.usgs.gov/minerals/pubs/country/2006/myb3-2006-po.pdf|título=2006 Minerals Yearbook|dataacceso=19 de decembro 2013|ano=2006|editor=USGS|lingua=inglés}} (os algarismos entre parénteses indican a posición do país en termos mundiais como produtor)</ref> A [[balanza comercial]] de Portugal é, hai moito, deficitaria, co valor das [[exportación]]s a cubrir só o 65% do valor das [[importación]]s en 2006.<ref>{{cita web|url=http://web.archive.org/web/20090305141555/http://stats.oecd.org/wbos/viewhtml.aspx?queryname=478&querytype=view&lang=en|título=Country statistical profiles 2008 — Portugal |data=2008|editor=OCDE|dataacceso=19 de decembro 2013|ano=2008}}</ref> As maiores exportacións corresponden aos téxtiles, vestimenta, máquinas, material eléctrico, vehículos, equipamentos de transporte, calzado, coiro, madeira, cortiza e papel, entre outras, mentres que importa produtos principalmente da [[Unión Europea]]: [[Alemaña]], [[España]], [[Francia]], [[Italia]] e o [[Reino Unido]].<ref name="CIA" />
7.081

edicións