Portugal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 62 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 509:
 
=== Turismo ===
O turismo continúa a ser un sector económico extremadamente importante para Portugal, sendo que o número de visitantes estímase que medrará significativamente os próximos anos. Porén, hai unha crecente competencia con destinos do [[Europa do Leste|Leste europeo]], como [[Croacia]], que ofrecen atractivos semellantes, e que moitas veces son máis baratos. Consecuentemente, o país está sendo case obrigado a se concentrar en potenciar as súas atraccións de nicho, como a saúde, a natureza e o turismo rural, co obxectivo de permanecer á cabeza dos seus concorrentes.<ref>{{cita web|url=http://www.euromonitor.com/Travel_and_Tourism_in_Portugal|título=Travel and Tourism in Portugal|lingua=inglés |editor=Euromonitor|dataacceso=1 de xaneiro de 2014}}</ref> Segundo a [[Organización Mundial do Turismo]], Portugal está entre os vinte máis visitados países do mundo, recibindo unha media de 13 millóns de turistas estranxeiros anualmente.<ref>{{cita web|url=http://www.unwto.org/facts/eng/pdf/indicators/ITA_top25.pdf|título=World's Top Tourism Destinations|editor=Organización Mundial do Turismo|ano=2004|dataacceso=17 de decembro de 2011|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20131210224321/http://www.unwto.org/facts/eng/pdf/indicators/ITA_top25.pdf|dataarquivo=10 de decembro de 2013|urlmorta=yes}}</ref> Polo tanto, este sector está a desempeñar un papel cada vez máis importante na [[economía de Portugal]], contribuíndo con preto do 11% do seu [[produto interior bruto]] (PIB) en [[2010]].<ref>{{cita web|autor=Caçador, Fátima|url=http://www.turismodeportugal.pt/Portugu%C3%AAs/Clipping/Documents/Fevereiro%202010/semana%20inform%C3%A1tica.pdf|título=TI são peça crucial para o turismo nacional|editor=Semana Informática|data=11 de febreiro de 2010|dataacceso=1 de xaneiro de 2013|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110705103201/http://www.turismodeportugal.pt/Portugu%C3%AAs/Clipping/Documents/Fevereiro%202010/semana%20inform%C3%A1tica.pdf|dataarquivo=05 de xullo de 2011|urlmorta=yes}}</ref> Entre os cidadáns de outrosdoutros Estados que máis visitaron o país en [[2012]] están os [[Reino Unido|británicos]] (17% do total), seguidos por [[España|españois]], [[Alemaña|alemáns]], [[Francia|franceses]] e [[brasil]]eiros.<ref>{{cita web |url=http://www.dinheirovivo.pt/Economia/Artigo/CIECO191208.html|título=Espanhóis estão aqui ao lado, mas são os ingleses que nos visitam mais|autor=Cabrita Mendes, André|editor=Dinheiro Vivo|data=28 de xuño de 2013|dataacceso=1 de xaneiro de 2014}}</ref>
 
No ano [[2013]], segundo o Índice de Competitividade en Viaxes e Turismo publicado polo Foro Económico Mundial, o país estaba clasificado na vixésima posición, coa mesma puntuación que [[Irlanda]], no posto 19, entre 140 estados.<ref>{{Cita web|url=http://www3.weforum.org/docs/TTCR/2013/TTCR_OverallRankings_2013.pdf|título=The Travel & Tourism Competitiveness Index 2013 and 2011 comparison|editor=Foro Económico Mundial|ano=2013|dataacceso=1 de xaneiro de 2014}}</ref> Portugal foi tamén elixido pola ''Condé Nast Traveler'' como o mellor destino do mundo para viaxar en [[2013]].<ref>{{cita web|url=http://www.traveler.es/viajes/rankings/galerias/ganadores-premios-traveler-2013/470/image/22651|título=Ganadores de los Premios Condé Nast Traveler 2013|data=25 de abril de 2013|editor=Condé Nast Traveler|dataacceso=1 de xaneiro de 2014|lingua=castelán}}</ref> Paisaxe, gastronomía, praias e a simpatía da poboación foron os criterios usados para a escolla. A publicación resaltou o "especial encanto que é visible nas tradicións do país, con cidades que combinan a modernidade co peso visible da historia, paisaxes e praias que nos reconcilian coa Natureza".<ref>{{cita web|url=http://boasnoticias.sapo.pt/noticias_Cond%C3%A9-Nast-Portugal-%C3%A9-o-melhor-destino-do-mundo_16178.html?page=0|título=Condé Nast: Portugal é o melhor destino do mundo|data=20 de xuño de 2013|editor=Boas Notícias|dataacceso=1 de xaneiro de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140102190809/http://boasnoticias.sapo.pt/noticias_Cond%C3%A9-Nast-Portugal-%C3%A9-o-melhor-destino-do-mundo_16178.html?page=0|dataarquivo=02 de xaneiro de 2014|urlmorta=yes}}</ref> Os principais puntos turísticos de Portugal son [[Lisboa]], o [[Algarve]] e [[Arquipélago de Madeira|Madeira]], aínda que o goberno portugués continua a promover e desenvolver novos destinos turísticos, como o val do [[Río Douro|Douro]], a illa de [[Porto Santo]] e o [[Alentexo]].<ref name="Lisboa">{{cita web|url=http://www.turismodeportugal.pt/Portugu%C3%AAs/ProTurismo/estat%C3%ADsticas/an%C3%A1lisesestat%C3%ADsticas/oturismoem/Anexos/BROCHURA_Turismo.pdf|título=O Turismo em 2007|dataacceso=19 de xullo de 2013|editor=Turismo de Portugal|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110705080825/http://www.turismodeportugal.pt/Portugu%C3%AAs/ProTurismo/estat%C3%ADsticas/an%C3%A1lisesestat%C3%ADsticas/oturismoem/Anexos/BROCHURA_Turismo.pdf|dataarquivo=05 de xullo de 2011|urlmorta=yes}}</ref>
Liña 560:
A arquitectura en Portugal foi, como na maioría dos Estados [[Europa|europeos]], drasticamente influenciada polos movementos culturais e estéticos que caracterizaron as distintas épocas da [[Historia da Arte]], o que resultou nun rico legado patrimonial. Ademais, como todos os aspectos da [[cultura de Portugal]], está marcada pola [[Historia de Portugal|historia do país]] e os distintos pobos que se instalaron e influenciaron o seu actual territorio, como por exemplo os [[Imperio Romano|romanos]], os [[suevos]] entre outros [[pobos xermánicos]] relacionados, [[visigodos]] e [[Al-Andalus|árabes]],<ref>{{Cita Harvard|Barreira|Moreira|2003|sp=sí|pp=116-127}}</ref> ben como a influencia dos principais centros artísticos europeos a partir dos cales foron introducidos os estilos arquitectónicos xerais: [[Arquitectura románica|románico]], [[Arquitectura gótica|gótico]], [[Renacemento|renacentista]], [[barroco]] e [[Neoclasicismo|neoclásico]]. Entre as principais manifestacións locais da arquitectura portuguesa están o Estilo manuelino, a versión portuguesa do gótico, e o estilo pombalino, unha mistura do barroco tardío e o neoclasicismo que se desenvolveu despois do [[Terremoto de Lisboa de 1755|gran terremoto de Lisboa]] de [[1755]].
[[Ficheiro:Ippar-palacio-pena-aerea.jpg|miniatura|dereita|200px|[[Palacio Nacional da Pena|Palacio da Pena]], obra de estilo romántico portugués.]]
Despois da fin do período neoclásico ([[século XIX]]), aparece poucas décadas máis tarde, como reacción, o [[romanticismo]], que nega os principios de harmonía, orde e proporción. A Estación do Rossio ou o [[Palacio Nacional da Pena|Palacio da Pena]] son destacados exemplos de obras deste estilo arquitectónico. A finais dese mesmo século, os enxeñeiros introducen a arquitectura do ferro, destacando obras hoxe tan icónicas como o Elevador de Santa Justa en [[Lisboa]], a [[Ponte Don Luís I|ponte don Luís I]] no [[Porto, Portugal|Porto]] e as pontes de D. Maria Pia (Porto) e a Ponte Eiffel ([[Viana do Castelo]]) deseñadas pola compañía do enxeñeiro francés [[Gustave Eiffel]]. Xa no [[século XX]], o [[Art Nouveau]] non tivo grande presenza en Portugal, con todo, si tivo gran difusión o [[art déco]] durante a década de [[1920]] e [[1930]] coa chegada de arquitectos portugueses formados nas Beaux Arts francesas, destacando sobre todo Cassiano Branco e José Marques da Silva no Porto, este último proxectista de obras como a Estación de São Bento e a Casa de Serralves. O art déco volvería a rexurdir durante un curto período de tempo durante as décadas de [[1950]] e [[1960]].
 
Durante o [[Estado Novo]], produciuse un novo estilo arquitectónico, o ''Portugués Suave'', hoxe tamén coñecido como ''Estilo Nacionalista'', ''Estilo Tradicionalista'' ou ''Estilo Estado Novo''. Este corrente xurdiu dun grupo de arquitectos que, xa desde comezos do século XX, buscaba crear unha arquitectura "xenuinamente portuguesa". Un dos mentores desta corrente foi o arquitecto Raul Lino, teórico da casa portuguesa. O resultado foi a creación dun estilo que utilizaba as características modernas da enxeñaría decoradas cunha mestura de elementos estéticos exteriores recollidos da arquitectura portuguesa dos [[século XVII|séculos XVII]] e [[século XVIII|XVIII]] e das casas tradicionais de varias rexións de Portugal. Con todo, o estilo é aínda hoxe en día criticado por varios arquitectos e intelectuais portugueses.<ref>{{cita web|url=http://www.revarqa.com/content/1/1199/arquitetura-cultura/|editor=Arqa|título=Arquitetura e Cultura|autor=Furtado, Gonçalo; Lopes, Elza|data=2013|dataacceso=14 de xaneiro de 2014}}</ref><ref>{{cita web|url=http://upcommons.upc.edu/revistes/bitstream/2099/2364/1/60_67_manuel_fernandes.pdf|título=A Arquitectura em Portugal nos anos 1930-40|data=2013|dataacceso=14 de xaneiro de 2014|autor=Fernandes, José Manuel|editor=V Congresso Docomo}}</ref>
Liña 586:
[[Ficheiro:Deolinda ao vivo em Monchique.JPG|miniatura|[[Deolinda]].]]
 
Dentro de outrosdoutros estilos de música, as referencias da canción de finais do [[século XX]], principalmente do período pre e pos-revolucionario, son [[Zeca Afonso]], cuxa canción ''[[Grândola, Vila Morena]]'' foi un dos sinais que deu comezo á [[Revolución dos Caraveis]], [[Sérgio Godinho]], [[Fausto Bordalo Dias|Fausto]], [[Adriano Correia de Oliveira]], [[Vitorino]], [[José Mário Branco]] e os Trovante, entre outros. Mesmo sendo aínda o fado o xénero máis coñecido alén dos territorio portugués, a "nova" música portuguesa tamén ten un papel importante demostrando grande orixinalidade. [[Rui Veloso]], [[The Gift]], Mafalda Veiga, [[Kátia Guerreiro]], [[Sara Tavares]], Jorge Palma, [[Clã]], David Fonseca, [[GNR (banda)|GNR]], Ornatos Violeta, Xutos & Pontapés, [[Moonspell]], Da Weasel, Fingertips, Primitive Reason, [[Deolinda]], [[Mão Morta]], Blasted Mechanism ou Mind Da Gap son só algúns dos nomes máis coñecidos, indo do ''[[Música rock|rock]]'', á ''[[pop]]-[[Música electrónica|electrónica]]'' e ao ''[[rap]]'', entre outros estilos.<ref name="Música">{{cita web |autor=Vieira de Carvalho, Mário|url=http://www.webcitation.org/64LVmgHgz|título=A música em Portugal|editor=Instituto Camões|dataacceso=16 de xaneiro de 2014}}</ref>
 
A [[música clásica]] portuguesa constitúe un capítulo importante da música occidental. Ao longo dos séculos, sobresaíron nomes de compositores e intérpretes como os trobadores [[Martín Codax]] e [[Dinis de Portugal|Dinis]], os polifonistas [[Duarte Lobo]], [[Filipe de Magalhães]], [[Manuel Cardoso]] e Pedro de Cristo, o organista [[Manuel Rodrigues Coelho]] o compositor e [[clavicémbalo|clavista]] [[Carlos Seixas]], a cantante Luísa Todi, o sinfonista e pianista João Domingos Bomtempo ou o compositor e musicólogo [[Fernando Lopes-Graça]]. O período de ouro da música portuguesa coincidiu, discutiblemente, co apoxeo da polifonía clásica no [[século XVII]] (Escola de [[Évora]], Santa Cruz de [[Coímbra]]). Entre as grandes referencias actuais, pontifican os nomes dos pianistas Artur Pizarro, [[Maria João Pires]], Olga Prats e Sequeira Costa, da [[Viola|violista]] Ana Bela Chaves, do violinista Carlos Damas, do compositor Emmanuel Nunes ou o do compositor e mestre Álvaro Cassutto. As orquestras sinfónicas máis importantes son a Orquestra da [[Fundación Gulbenkian]], a Orquestra Nacional do Porto e a Orquestra Sinfónica Portuguesa. En relación á ópera, o [[Teatro Nacional de São Carlos]] en Lisboa é o máis representativo.<ref name="Música"/>