Maryland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
*subministro > subministración.
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 98:
Ata [[1954]], as escolas de Maryland eran segregacionistas, con escolas para brancos e outras, xeralmente de menor calidade, para afroamericanos. Porén, neste ano, o Supremo Tribunal de Xustiza dos Estados Unidos xulgou que tal segregación era anticonstitucional. Baltimore unificou o seu sistema escolar inmediatamente, mais noutras cidades, menos poboadas e de poboación maioritariamente branca, a desegregación tardou moito máis tempo para alcanzalo, ata tres décadas nalgunhas pequenas cidades do interior.
 
Despois da década de 1960 en diante, moitas das industrias de manufactura se desprazaron cara a outros estados que dispuñan de man de obra máis barata. A industria naval e ferroviaria do estado, anteriormente a maior fonte de renda de Maryland, practicamente desapareceu, despois do peche de numerosas fábricas e a mudanza de outrasdoutras para outros estados do Sur. Actualmente, a industria de manufactura pouco contribúe á economía do Estado, dominada actualmente polo comercio e servizos.
 
En [[1985]], o goberno de Maryland comezou un programa de limpeza das augas da baía de Chesapeake, naquela época altamente contaminadas. Este programa posúe o apoio dos Estados de [[Virxinia]], [[Pensilvania]] e [[Delaware]], así como do [[Distrito de Columbia]]. Prevese que este programa estea finalizado en torno de [[2010]].